Dulce Chacón Gutiérrez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Liña 20:
A pesar da súa pertenza a unha familia conservadora, Dulce Chacón converteuse moi pronto nunha persoa de [[Esquerda política|esquerdas]]. Segundo declarou, unha das razóns que a levou a súa posición política foi o silencio familiar acerca da represión franquista, particularmente cruenta en Zafra<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Armengou|nome=Montse|data=2004|título="Las fosas comunes de la Guerra Civil"|PMC=|revista=Clío|doi=|ISSN=|PMID=|volume=Número 3|páxinas=pág. 71|número=|apelidos2=Bells|nome2=Ricard|cita=Cita de Eduardo Montagut Contreras, baseándose no artígo anterior.}}</ref>, onde nos primeiros meses da guerra, tras a toma da cidade polos sublevados, o 8 de agosto de 1936, unhas duascentas cincuenta persoas foron asasinadas polas novas autoridades. A localidade tiña 7000 habitantes e, tralo estalido da guerra, ningún dereitista foi asasinado antes da entrada das tropas sublevadas<ref>{{Cita web|título=La Comunidad » La memoria histórica como proyecto social y cultural » Zafra, agosto del 36|url=https://web.archive.org/web/20120113175451/http://lacomunidad.elpais.com/memoria-historica/2008/10/19/zafra-agosto-del-36|páxina-web=web.archive.org|data=2012-01-13|data-acceso=2019-10-24}}</ref>. A causa das vítimas do franquismo foi unha das súas prioridades, e sempre mantivo que o rancor derivado da violencia política durante a [[Guerra civil española|guerra civil]] e o [[franquismo]] segue enquistado, ao non ser exposto á luz pública. A súa lema respecto diso era "nin rancor min esquecemento". Tamén declarou que "a reconciliación real aínda non chegou, porque aínda non se produciu esa conversación. Ouvimos a versión dos vencedores, agora temos que ouvir aos vencidos".<ref name="especulo">{{Cita publicación periódica|título=Dulce Chacón: "La reconciliación real de la guerra civil aún no ha llegado"|url=http://www.ucm.es/info/especulo/numero22/dchacon.html|nome=Santiago|apelidos=Velázquez Jordán|revista=Espéculo. Revista de estudios literario|número=22|editorial=Universidad Complutense de Madrid|ano=2002}}</ref>
 
Desta forma, involucrouse en numerosas actividades sociais e políticas de carácter [[Progresismo|progresista]]. Escribiu ''La voz dormida'', obra na que recollen e novelan testemuños de mulleres do bando perdedor da [[Guerra civil española|Guerra Civil]] de toda España.<ref name="obituario_elmundo">{{Cita novas|url=http://www.elmundo.es/elmundolibro/2003/12/04/protagonistas/1070513774.html|título=Dulce Chacón fallece a los 49 años en su casa de Madrid|editorial=[[El Mundo]]|data=4 de decembro de 2003}}</ref> En relación coa invasión de Iraq, formou parte da plataforma 'Cultura contra la guerra' e leu, xunto co premio Nobel [[José Saramago]], o manifesto antibélico que pechou a gran manifestación contra a guerra do 15 de marzo de 2003 en Madrid. Como parte dunha delegación da plataforma '''Mujeres contra la Guerra''<nowiki/>' tamén acudiu a Bagdad en marzo do mesmo ano para coñecer a situación do pobo iraquí e a súa oposición ao conflito. Ademais, pertenceu á asociación ''Mujeres contra la [[:es:Violencia_de_Género|Violencia de Género]]''.<ref name="obituario_elpais">{{Cita novas|url=http://www.elpais.com/articulo/cultura/Dulce/Chacon/pierde/batalla/muerte/elpepicul/20031204elpepicul_14/Tes|título=Dulce Chacón pierde su batalla contra la muerte|editorial=[[El País]]|data=4 de decembro de 2003}}</ref> Tamén formou parte do ''Colectivo Hermanos, Amigos y Compañeros de [[José Couso]]'', o cámara asasinado por tropas estadounidenses en Bagdad durante a invasión.
 
O seu marido, [[Miguel Anxo Alcántara]], definiuna como "unha loitadora, de esquerdas, agnóstica e peleona, e a súa mellor arma era a palabra e a escritura".