Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazóns
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
[[Ficheiro:Aigle franquiste.jpg|miniatura|dereita|Aguia franquista, parte da simboloxía do franquismo]]
O '''franquismo''' foi o réxime [[Política|político]] vixente en [[España]] entre [[1939]] e [[1975]], baseado no liderado do xeneral [[Francisco Franco|Francisco Franco Bahamonde]]. Tamén se chama franquismo a [[ditadura]] e ideoloxía pola que se rexeu España nesta época, tamén coñecida como [[nacionalcatolicismo]], con elementos do [[fascismo]].
 
== Orixe ==
Liña 8:
== Historia ==
[[Ficheiro:Spain final-guerra-civil.jpg|miniatura|dereita|Parte Oficial de Guerra asinado polo xeneral Franco.]]
Acabada a [[guerra civil española]] coa vitoria dos autodenominados ''[[Bando nacional|nacionais]]'', Franco pasou a ser a cabeza do Estado, proclamándose ''Caudillo de España pola graza de Deus''. Nos primeiros anos, o réxime franquista levou a cabo unha forte [[represión política|represión]] contra os adversarios, a súa función era fundamental para paralizar o inimigo polo terror e estaba alentada polos máximos dirixentes<ref>Josep Fontana (ed.) ''op. cit.'' páxina 18</ref>, deu apoio a [[Adolf Hitler|Hitler]] e a [[Benito Mussolini|Mussolini]] (quen o apoiaran na guerra civil) e practicou unha política [[Economía|económica]] [[autarquía|autárquica]]. Máis adiante, máis dunha década despois, o réxime estableceu contactos cos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e cambiou a política económica. Nos [[década de 1960|anos 60]] produciuse un incremento notable en comparanza cos niveis mínimos da última época do nivel de vida da poboación en xeral (propiciado polo ''desenvolventismo'' económico), se ben o nivel de liberdade persoal e política non aumentou consecuentemente.
 
O franquismo como réxime político oficial rematou coa morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]], que foi sucedido por decisión propia do xeneral polo rei [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos I]] como Xefe de Estado, tras xurar os [[Lei de Principios do Movemento Nacional|Principios do Movemento Nacional]], o máis parecido a unha "Constitución franquista". A [[Transición española|transición]] cara a un sistema político baseado nunha [[democracia parlamentaria]] foi relativamente moderada, tirantes as continuas ameazas de revoltas militares e a forte mobilización das masas traballadoras e estudantís.
 
== Ideoloxía ==
Liña 16:
O franquismo comezou baseándose na doutrina do nacionalcatolicismo, executada pola [[Falange Española|Falange]] e a [[Comunión Tradicionalista]], monárquica e carlista. Ao principio, tamén se aliaron outros sectores de dereitas: conservadores e algúns monárquicos lexitimistas. As bases do réxime foron a unidade nacional española, o catolicismo e o anticomunismo. O réxime foi unha ditadura militar e foi un réxime [[Totalitarismo|totalitario]], con especial vehemencia e represión ao longo do que se coñece como primeira etapa. Isto non impediu que o réxime se autodefinise dende o principio como unha ''democracia orgánica'' que endexamais se homologou cunha democracia parlamentaria.
 
A partir das derrotas das potencias do Eixe na [[segunda guerra mundial]], o réxime foi desbotando o seu carácter marcadamente profascista, aínda que seguiu utilizando a súa [[Simboloxía do franquismo|simboloxía]]. O franquismo tivo daquela que buscar novas [[alianza]]s internacionais, e foi diminuíndo o papel da Falange en favor doutros grupos. Na década dos anos 60 apareceu unha xeración de políticos ''tecnócratas'' que até certo punto rompeu o illamento internacional no que se atopaba o Estado.
 
=== Fundamentos ===