Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 136:
Tres electores votaron por [[Ricardo de Cornualles|Ricardo]] (ademais do voto duplo de Otokar). O inglés viaxou a [[Aquisgrán]], onde foi coroado como [[rei de romanos]] xunto á tumba do primeiro emperador medieval de Europa Occidental, [[Carlomagno]]. O castelán, en cambio, permaneceu nos seus reinos, co que perdeu a súa oportunidade de facer valer a súa elección como rei de romanos. Nunca pisaría terra alemá.
 
Á morte de Ezzelino da Romano (1259), os xibelinos tenderon agora a unirse en torno a [[Manfredo de Sicilia]], recentemente coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]], sen que o papa estivese disposto a recoñecelo, posto que o excomungara. Nese momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia, e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza. Tras unha sede vacante de tres meses, o [[Patriarcado latino de Xerusalén|patriarca de Xerusalén]], Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, como [[Urbano IV]] (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o castelán e o inglés, non estaba disposto a que ningún dos dous puidese sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitise demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.<ref>{{cita libro | apelidos= Suárez Fernández | nome= Luis | título= Historia de España Antigua y Media | url= http://books.google.es/books?id=oM93XvTFdPIC&pg=PA156&dq=&as_brr=3#v=onepage&q=&f=false | editorial= [[Rialp]] | ano= 1976 | páxina= 156 | volume= 2 | isbn= 9788432118821 }}{{Ligazón morta|data=outubro de 2019 }}</ref>
 
Porén, ante o avance irresistíbel dos xibelinos, e a pesar de que Afonso X intentaba que os güelfos se adherisen a súa causa mantendo hostilidade cara a Manfredo, o papa Urbano IV ignorou o acordo que establecera Alexandre IV, e púxose en mans de Francia, onde finalmente contou coa aprobación do rei [[Luís IX de Francia|Luís IX]] para que o seu irmán [[Carlos de Anjou]] asinase un acordo o [[15 de agosto]] de [[1264]] co papa, no que aceptaba a investidura do [[Reino de Sicilia]] e, mentres, Urbano IV seguiu dilatando a súa arbitraxe sobre a disputa da coroa imperial. Carlos de Anjou iniciou unha empresa implicando á banca güelfa, especialmente a [[Orlando Bonsignori]], que se beneficiaría dos territorios do reino siciliano, o que ía en contra dos intereses de [[Pedro III de Aragón]], casado coa filla de Manfredo [[Constanza II de Sicilia]], e que tamén aspiraba a este Reino.