Ébola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 140:
[[Ficheiro:CDC worker incinerates med-waste from Ebola patients in Zaire.jpg|miniatura|Traballador do CDC incinerando residuos médicos de pacientes de ébola en Zaire en 1976.]]
[[Ficheiro:Rio ebola.png|miniatura|dereita|Sistema fluvial do [[río Ebola|Ebola-Mongala]] no norte de Zaire, que lle deu nome á enfermidade. Indícase a aldea de Yambuku, onde se iniciou o brote de Zaire de 1976.]]
A enfermidade fai a súa aparición tipicamente en brotes en rexións tropicais da [[África subsahariana]].<ref name=WHO2014/> Desde que foi identificada en 1976 ata 2013, foron infectadas menos de 1.000 persoas por ano.<ref name=WHO2014/><ref name=MMWRJune2014>{{Cita web|title=Ebola Viral Disease Outbreak — West Africa, 2014|url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6325a4.htm?s_cid=mm6325a4_w|website=CDC|accessdate=26 de xuño de 2014|date=27 de xuño de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140924125238/http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6325a4.htm?s_cid=mm6325a4_w|dataarquivo=24 de setembro de 2014|urlmorta=si}}</ref> O maior brote ata a data foi o de 2014 que se estendeu por África occidental e está a afectar sobre todo a [[Guinea]], [[Serra Leoa]], e [[Liberia]].<ref name=CDC2014/> En agosto de 2014 chegou a [[Nixeria]] e en outubro a [[Mali]].<ref name=CDCAug2014N/>
 
=== 1976 ===
Liña 203:
'''Descubrimento do RESTV'''. En 1989, cando se estaba investigando un brote de [[virus da febre hemorráxica simia]] (SHFV) que xurdira nuns laboratorios de Reston, [[Virxinia]], EUA, un microscopista electrónico da [[USAMRIID]] descubriu uns [[filovirus]] de aparencia similar ao Ébola en mostras de tecidos tomadas de [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] importados de [[Filipinas]] para os Hazleton Laboratories de Reston. Os monos estaban coinfectados<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999}}</ref> co SHFV e co novo virus.<ref name="McCormick 1999 277–279">{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|pp=277–279}}</ref> Os monos enfermaron e morreron,<ref name="Waterman 1999">{{Cita libro|last=Waterman|first=Tara|url=http://www.stanford.edu/group/virus/filo/ebor.html|title=Ebola Reston Outbreaks|accessdate=2008-08-02|year=1999|publisher=Stanford University}}</ref> pero o persoal do laboratorio que traballou cos monos non enfermou, a pesar de que se comprobou que seis persoas eran seropositivas para ese virus. O CDC concluíu que ese tipo de virus tiña unha patoxenidade moi baixa para os humanos.<ref name="McCormick 1999 298–299">{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|pp=298–299}}</ref> En 2008 en Filipinas enfermaron por este virus porcos, pero non persoas. As investigacións concluíron que se trataba dun novo tipo de virus Ébola, ao que despois se lle deu o nome de virus Reston (ebolavirus Reston, RESTV ou REBOV), un filovirus de orixe asiática.<ref name="Preston">{{Cita libro | title=The Hot Zone | publisher=Random House | author=Preston, Richard | year=1994 | location=New York | pages=300 | isbn=978-0679437840}}</ref>
 
'''Descubrimento do TAFV'''. En 1994 apareceu en [[Costa do Marfil]] un brote en chimpancés que vivían no bosque Taï, que despois se contaxiou a unha científica que fixera as autopsias dos animais. O virus causante era un ebolavirus novo que se denominou ebolavirus Bosque Taï, (tamén denominado Taï Forest, Cote d'Ivoire [sic] ou Côte d'Ivoire, TAFV).<ref>{{Cita libro|last=Waterman|first=Tara|title=Ebola Cote D'Ivoire Outbreaks|url=http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|accessdate=2009-05-30|year=1999|publisher=Stanford University|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080216054703/http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|dataarquivo=16 de febreiro de 2008|urlmorta=si}}</ref>
 
'''Descubrimento do BDBV'''. En 2008 deuse un brote de [[febre hemorráxica viral|febre hemorráxica]] no distrito de Bundibugyo en [[Uganda]], no que se detectou unha nova variedade de ebolavirus, o [[virus Bundibugyo]] (BDBV), do que non volvería a haber outro brote ata 2012 na República Democrática do Congo.<ref>{{Cita publicación periódica|autores= Wamala, J. F.; Lukwago, L.; Malimbo, M.; Nguku, P.; Yoti, Z.; Musenero, M.; Amone, J.; Mbabazi, W.; Nanyunja, M.; Zaramba, S.; Opio, A.; Lutwama, J. J.; Talisuna, A. O.; Okware, S. I.|ano=2010|título=Ebola Hemorrhagic Fever Associated with Novel Virus Strain, Uganda, 2007–2008|revista=Emerging Infectious Diseases|volume=16|número=7|páxinas= 1087–1092| doi=10.3201/eid1607.091525| PMC=3321896|PMID=20587179}}</ref>