Diferenzas entre revisións de «Noruega»

Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
Noruega optou por permanecer fóra da [[Unión Europea]], a través dun [[referendo]] en [[1972]], e outra vez en novembro de [[1994]]. Con todo tanto Noruega como [[Suíza]], [[Islandia]] e mais [[Liechtenstein]] asinaron un acordo económico coa organización, participando no mercado único da UE a través do acordo da Área Económica Europea. Estes países forman a [[Asociación Europea de Libre Comercio]]. As principais razóns polas que a poboación norueguesa rexeita entrar na UE son o gran nivel de vida do que gozan, debido aos grandes ingresos por produción do petróleo, propiciaríalle ter un papel de doazón de recursos económicos aos países máis febles, ademais moi probablemente a UE faría reconsiderar ao país a súa política de caza masiva de [[balea]]s, algo que non está ben visto pola organización.
 
O crecemento económico en mellorou en [[2000]] até o 2,7%, comparado co moito máis pobre 0,8% de [[1999]], mais volveu caer até o 1,3% en [[2001]]. O goberno avanzou con privatizacións en [[2000]], vendendo un terzo da compañía de petróleo Statoil, que tiña un capital 100% estatal. Aínda que posiblemente coa calidade de vida máis elevada do mundo, os noruegueses preocúpanse bastante polas vindeiras dúas décadas, xa que o petróleo e o gas comezará escasear. Consecuentemente, Noruega ten acumulado os seus excedentes orzamentarios, derivados do petróleo, nun fondo gobernamental que investiu no exterior e que en [[2003]] foi avaliado en 114.000 millóns de [[dólar estadounidense|dólares estadounidenses]]. A administración deste fondo petrolífero é un tema de discusións acendidas na actual sociedade norueguesa. Ademais do petróleo Noruega é o segundo maior exportador do mundo de peixe (despois de [[China]], o terceiro se contamos o global da [[Unión Europea]]).<ref>[{{Cita web |url=http://www.globefish.org/filedownload.php?fileId=560 |título=FAO Globefish global trends 2006] |data-acceso=10 de decembro de 2009 |urlarquivo=https://wayback.archive-it.org/all/20171010164444/http://www.fao.org/in-action/globefish/en/ |dataarquivo=10 de outubro de 2017 |urlmorta=si }}</ref> No tocante ás enerxías, a produción hidroeléctrica xera ao redor do 98 ou 99% de toda a potencia eléctrica do país.<ref>[http://www.economist.com/displaystory.cfm?story_id=12970769 Binge and purge, The Economist]</ref>
 
== Demografía ==
149.626

edicións