Hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino parámetro redundante
Liña 45:
Os desertos non son un tipo de hábitat que favoreza a presenza de grupos como os anfibios, porque estes precisan de auga para manter as súas peles húmidas e para criar as súas larvas. Con todo, algunhas ras adaptáronse e viven en desertos xa que crean hábitats húmidos subterráneos e hibernan cando as condicións son adversas. O [[sapo]] ''[[Scaphiopus couchii]]'' sae da súa madrigueira cando se produce un choiva e pon os ovos nas pozas que se forman. Os [[cágado]]s medran rápido, ás veces en tan só nove días, e sofren unha [[metamorfose]].<ref>{{cita web | url = http://www.desertmuseum.org/books/nhsd_spadefoot.php | título = Couch’s spadefoot (''Scaphiopus couchi'') | editores = Arizona–Sonora Desert Museum }}</ref>
 
Outros organismos afrontan a seca dos seus hábitats acuosos doutros xeitos. Hai pozas que son efémeras e que só se forman nunha época de choivas ao longo do ano. A súa flora é característica e está especialmente adaptada a elas. Está formada principalmente por especies anuais cuxas sementes sobreviven á seca, pero tamén por especies perennes que se adaptaron dun xeito único.<ref>{{cita libro |título = Ecology, Conservation, and Management of Vernal Pool Ecosystems | autor = Witham, Carol W. | ano = 1998 | editores = California Native Plant Society | isbn = 978-0-943460-37-6 | páxina = 1 }}</ref> Os animais tamén se adaptaron a estes hábitats extremos. Algunhas especies de camaróns depositan "ovos de inverno", que son resistentes á desecación e que ás veces se estenden co po e que se desprazan a novas pozas do chan. Estas especies sobreviven en estados latentes de ata quince anos.<ref>{{cita web | url = http://www.vernalpool.org/inf_fs.htm | título = Fairy shrimp | autor = Green, Scott | editores = The Vernal Pool Association | deadurl = yes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20160423074123/http://www.vernalpool.org/inf_fs.htm | archivedate = 23/04/2016 | df = | data-acceso = 28/03/2018 | urlmorta = si }}</ref> Algunhas especies de peixes de [[Ciprinodontiformes]], que viven en auga doce, compórtanse dunha forma similar. Os seus ovos rompen axiña e os xuvenís axiña medran alí, sempre que as condicións sexan boas. Porén, cando as pozas se secan os ovos desas poboacións entran nunha diapausa e resisten durante máis tempo.<ref>{{cita web |título =The most extreme fish on Earth |autor=Walker, Matt | url=http://www.bbc.co.uk/earth/story/20150519-the-most-extreme-fish-on-earth | páxina-web = BBC Earth |data = 21/05/2015}}</ref>
 
==== Urbes ====