Guerra civil española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Sublevación: arranxiños
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 62:
 
=== A [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] ===
Nestas eleccións saíu vencedora a ''Fronte Popular'', unha coalición de partidos republicanos de esquerda. A reacción popular foi inmediata, a xente apresurábase a sacar dos cárceres os presos políticos antes aínda de chegar a amnistía. O Xefe do Estado Maior Central, xeneral Franco, deulle o apoio do exército a Manuel Portela Valladares para que "non deixara pasar o comunismo". Intentou promover entre algúns militares unha sublevación. Goded tamén tentou sublevar o cuartel da Montaña de Madrid e outros dous xenerais que estiveran en todas as conspiracións contra a República, Joaquín Fanjul e [[Ángel Rodríguez del Barrio]], sondexaron esa posibilidade. Franco non viu o momento maduro e botouse para atrás, aínda que eses días do 17 ó 19 de febreiro estivo máis preto que nunca de dar un golpe militar. Portela Valladares decidiu dimitir, polo que Alcalá-Zamora tivo que ordenar a [[Manuel Azaña]] que formase goberno. O día [[19 de febreiro]] Azaña forma o goberno no que inclúe tan só republicanos de esquerda, decidindo non incluír ningún socialista (aínda que [[Francisco Largo Caballero|Largo Caballero]] xa vetara a participación do [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]] no novo goberno). Pese o moderado do novo goberno, as dereitas reaccionaron coma se os soviéticos acadasen o poder. A primeira medida do novo goberno foi a concesión dunha amnistía. Desde o comezo procedeuse a unha restauración das reformas emprendidas no primeiro bienio. Así se restauraron [[Generalitat de Cataluña|Generalitat de Catalunya]], os concellos socialistas suspendidos dende [[outubro]] de [[1934]] e os concellos vascos suspendidos no verán de [[1934]]. Reactívanse os procesos dos estatutos de autonomía, de tal xeito que o [[1 de outubro]] se aproba [[Estatuto de Autonomía de Euskadi (1933)|Estatuto de Autonomía de Euskadi]] e en [[febreiro]] de [[1938]]<ref>{{Cita web |url=http://www.novoestatuto.com/rec.php?id=11&lang=gal |título=Copia arquivada |data-acceso=18 de febreiro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070905235441/http://www.novoestatuto.com/rec.php?id=11&lang=gal# |dataarquivo=05 de setembro de 2007 |urlmorta=si }}</ref> o [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]] é admitido a trámite (aínda que non foi discutido nin aprobado). Reanudáronse tamén os traballos do [[Instituto de Reforma Agraria]] e enviáronse os militares máis proclives ó golpismo lonxe de [[Madrid]].
 
[[Ficheiro:Falange SS.jpg|miniatura|esquerda|Selo da [[Falange Española de las JONS (1934)|Falanxe española]], [[1936]]]]