Gripe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 29:
A gripe xeralmente transmítese polo ar desde individuos infectados a través de pingas en forma de [[aerosol]] cargadas de virus (procedentes de [[moco|secreción nasal]], [[bronquio|bronquial]] ou [[saliva]] que conteña algúns deles<ref>{{cita web|autor = Lucy Atkins |ano =[[15 de febreiro]] de [[2005]] |url = http://www.guardian.co.uk/society/2005/feb/15/health.medicineandhealth2|título = It's OK, you can kiss me |obra = [[The Guardian]]|dataacceso = 26, 04 2012| lingua = inglés}}</ref>), que son emitidos coa tose ou cos esbirros ou só ao falar. Tamén é transmisible pola [[sangue]]<ref name=merck /> e polas superficies ou obxectos contaminados co [[virus]], que se denominan fomites.
 
Os virus da gripe resisten máis en ambiente seco e frío. Poden conservar a súa capacidade infectiva durante unha semana á temperatura do corpo humano, durante 30 días a 0&nbsp;°C e durante moito máis tempo a menores temperaturas.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Reid AH, Fanning TG, Hultin JV, Taubenberger JK |título=Origin and evolution of the 1918 "Spanish" influenza virus hemagglutinin gene |revista=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=96 |número=4 |páxinas=1651–6 |ano=1999 |pmid=9990079 | doi = 10.1073/pnas.96.4.1651 <!--Retrieved from CrossRef by DOI bot-->}}</ref><ref>[http://vir.sgmjournals.org/cgi/content/full/87/12/3655?maxtoshow=&HITS=25&hits=25&RESULTFORMAT=&searchid=1&FIRSTINDEX=0&sortspec=date&resourcetype=HWCIT J Gen Virol 87 (2006), 3655-3659; DOI 10.1099/vir.0.81843-0] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20101127012132/http://vir.sgmjournals.org/cgi/content/full/87/12/3655?maxtoshow=&HITS=25&hits=25&RESULTFORMAT=&searchid=1&FIRSTINDEX=0&sortspec=date&resourcetype=HWCIT |date=27 de novembernovembro de 2010 }} article ''Recent H5N1 avian Influenza A virus increases rapidly in virulence to mice after a single passage in mice'' says "To prepare the original virus stock for this study, virus was propagated once in the allantoic cavity of embryonated eggs at 37&nbsp;°C for 1–2 days and then stored at –80&nbsp;°C until use."</ref> Pode ser facilmente inactivado mediante [[deterxente]]s ou [[desinfectante]]s.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Suarez |nome=D |autor2=Spackman E, Senne D, Bulaga L, Welsch A, Froberg K |título=The effect of various disinfectants on detection of avian influenza virus by real time RT-PCR |revista=Avian Dis |volume=47 |número=3 Suppl |páxinas=1091–5 |ano=2003 |pmid=14575118}}</ref><ref>{{cita web|autor = Center for Infectious Disease Research & Policy (CIDRAP) |ano =[[28 de agosto]] de [[2008]] |url = http://www.cidrap.umn.edu/cidrap/content/influenza/avianflu/biofacts/avflu_human.html|título = Avian Influenza (Bird Flu): Implications for Human Disease |obra = Academic Health Center - Universidad de Minnesota |dataacceso = 1, 10 2008| lingua = inglés}}</ref><ref name="NHZ2006-11-30">{{cita web|autor = Reuters |ano =[[28 de agosto]] de [[2008]] |url = http://www.nzherald.co.nz/category/story.cfm?c_id=204&objectid=10413124|título = Flu viruses 'can live for decades' on ice |obra = The New Zealand Herald |dataacceso = 1, 10 2008| lingua = inglés}}</ref>
 
A gripe distribúese en [[epidemia]]s estacionais que provocan centos de miles de defuncións, que pasan a ser millóns nos anos de [[pandemia]] (epidemia global). Durante o [[século XX]] producíronse cinco pandemias de gripe debido á aparición por [[mutación]] de diferentes cepas do virus. A miúdo estas novas cepas xurdiron a partir do transvasamento de cepas típicas de animais ao [[ser humano]], no que se denomina salto de especie ou heterocontaxio. Unha variante mortal do virus da [[Gripe aviaria|gripe aviar]] denominada [[H5N1]] pasou por ser a principal candidata para a seguinte pandemia de gripe en humanos desde que traspasou a barreira de especie nos anos 1990 e provocou decenas de defuncións en Asia, ata a aparición da neogripe A ([[Gripe A (H1N1)|H1N1]]) en 2009. Afortunadamente aquela variante aviar non mutou e non pode transmitirse de persoa a persoa, pois só afectou a humanos desde aves contaxiadas e ese contaxio non é fácil pois require unhas condicións moi especiais.<ref>{{cita web|autor = World Health Organization (WHO) |ano = febreiro de [[2006]] |url = http://www.nzherald.co.nz/category/story.cfm?c_id=204&objectid=10413124|título = Avian influenza (" bird flu") - Fact sheet |obra = |dataacceso = 1, 10 2008| lingua = inglés}}</ref>