Franco belga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 26:
Tras independizarse de Holanda, o novo Reino de Bélxica adoptou o seu propio franco en 1832, equivalente ao franco francés. Posteriormente seguíronlle Luxemburgo en 1848 e Suíza en 1850. Italia, xa unificada, adoptou a lira cunha base similar á de 1862.
 
En 1865, Francia, Bélxica, Suíza e Italia crearon a [[Unión Monetaria Latina]], á que se unirían Grecia e España en 1868. Cada país tería a súa propia moeda cun valor de 4,5 g de prata ou 290,322&nbsp;mg de ouro, todas intercambiables entre si. Na década dos 70 o valor do ouro fixo que a situación mantivésese estable ata 1914.<ref name=NBB1830-1914>{{Cita web|title=1830-1914: a young nation’s coins and notes|url=http://www.nbb.be/pub/02_00_00_00_00/02_02_00_00_00/02_02_04_00_00/|archive-url=https://web.archive.org/web/20140407085508/http://www.nbb.be/pub/02_00_00_00_00/02_02_00_00_00/02_02_04_00_00/|dead-url=yes|archive-date=707 de abril de 2014|publisher=National Bank of Belgium|accessdate=9 de maio de 2013|urlmorta=si}}</ref>
 
En 1926 Bélxica, do mesmo xeito que Francia, experimentou unha depreciación e un descenso do consumo, seguidos da introdución dunha nova divisa de ouro para transaccións internacionais, o ''belga'', equivalente a 5 francos, polo que o país abandonou a unión monetaria que deixou de existir a finais do mesmo ano. O belga fixou a súa paridade coa libra esterlina cunha taxa de cambio de 35 belgas (175 francos) por libra, polo tanto creouse un novo patrón de ouro de 1 belga = 209,211&nbsp;mg de ouro. Con todo a unión belga-luxemburguesa mantívose en 1921, establecendo as bases para unha unión económica plena en 1932. En 1935 o franco belga depreciouse un 28% ata os 150,632&nbsp;mg de ouro e a paridade entre os francos belga e luxemburgués revisouse a 1 LUF = 1¼ BEF.