Oímbra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Historia: fusiono info coa anterior
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Patrimonio: engado contidos anteriores
Liña 160:
 
== Patrimonio ==
=== Fonte de Soutullo===
A '''fonte de Soutullo''' foi construída en [[1637]] sobre o [[manancial]] da cara leste do monte Soutullo. Erguida en [[granito]] tallado a man, inclúe unha inscrición na parte superior cun escudo que inclúe unha [[cruz]] da [[casa de Ribadeneira]], as armas dos Bahamonde, os [[lobo]]s rampantes e os acibeiros da [[casa de Acevedo]], e as estrelas dos [[casa de Fonseca|Fonseca]], estes últimos vencellados aos Condes de Monterrei. A fonte abastecía, mediante un cano de pedra que cruzaba o rego do Carregal por unha pontela, unha casa señorial do barrio da Lavandeira, a uns 300 metros da vila. A fonte foi trasladada trala súa compra en [[1988]] polo veciño de Verín [[Sergio Núñez Balboa]].
 
=== Lagares rupestres ===
Liña 173 ⟶ 175:
=== Castro das laxes/Castelo de Lobarzán ===
Recinto arqueolóxico de grandes dimensións que esta sendo investigado nestes momentos pola Universidade de Vigo e no que se teñen atopado restos calcolítico, romanos e medievais. Está situado entre as parroquias das [[As Chás, Oímbra| Chás]] e [[Vilaza, Monterrei|Vilaza]].<ref>{{Cita web|url=https://castelodelobarzan.home.blog/|páxina-web=|título=Castelo de Lobarzán. Sitio Arqueolóxico|data-acceso=}}</ref>
 
=== Pazo de Oímbra===
O '''[[pazo de Oímbra]]''' está situado na praza Maior, facendo esquina coa rúa maior. A construción inicial foi ampliada en tres ocasións, unha delas en [[1786]], segundo unha inscrición no exterior da parede. No pazo de Oímbra pasaban o tempo de lecer os [[conde de Monterrei|condes de Monterrei]], sendo [[Manuel Fonseca de Zúñiga]] grande amigo de Juan Yáñez de Lugo. O pazo tivo esplendor até finais do século XIX, estando na actualidade bastante deteriorado. chegando a estar deshabitado e en ruína. Tras ser vendido a David Fernández Osorio, este deixoullo á súa irmá Albina, e esta repartiuno entre seus fillos Antonio, José, Juan e Concepción. Na actualidade está bastante deteriorado.
 
Nunha parede do interior consérvase un escudo cuartelado, con cimeira á dereita. Noutra parte do pazo, nun patio ao que se accede pola rúa da capela, hai unha escaleira de pedra cara a un corredor de madeira, no que hai un escudo similar ao anterior.
 
Preto do pazo está a '''capela do Carme''', de planta rectangular, que forma parte do conxunto. Construída en [[granito]], ten fachada de perpiaños encintados, con portada en forma de arco. Conta con [[espadana]] e [[campá]]. O templo tamén é coñecido como '''capela dos Mansos''', debido a que nela está soterrado Luis Manso, herdeiro da casa de Viana. Casado en [[Albarellos, Monterrei|Albarellos]] ([[Monterrei]]) con Josefa Pérez, herdara o morgado do seu pai, o Xeneral Manso, quen casara en Oímbra coa filla da familia Rojas Cirvacas.
 
=== Castro da Ceada ===
Liña 183 ⟶ 192:
=== Igrexa parroquial de Santa Baia ===
Igrexa do S. XVIII que pasa por ser unha das mais grandes da contorna, está situada na parroquia de [[Bousés, Oímbra|Bouses]].
 
=== Igrexa parroquial de Santa María===
A igrexa de Santa María de Oímbra foi ampliada e reformada en 1634. Ten unha capela pegada á nave central, á que se accede desde o interior da igrexa, onde está o sartego de Juan Yáñez de Lugo, da súa familia e de Luis Manos, xunto cun escudo familiar.
 
=== Cruceiro de San Cibrao ===
Liña 190 ⟶ 202:
[[Ficheiro:Vidiferre.jpg|alt=Casa con escudo da Inquisición en Videferre|miniatura|Casa con escudo da Inquisición en Videferre.]]
Casa de planta rectangular con muros de bo cadeirado granítico, na fachada ten unha porta con arco de medio punto e sobe el o escudo de armas da inquisición. Está situada en [[Videferre, Oímbra|Videferre]].
 
 
== Economía ==