Crocodilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 32:
 
== Etimoloxía ==
A palabra "crocodilo" procede do [[grego antigo]] κροκόδιλος (''crocodilos''), 'lagarto', usado na frase ''ho krokódilos tou potamoú'', 'o lagarto do río ([[Nilo]])'. Hai varias formas gregas variantes desta palabra, incluíndo a última forma κροκόδειλος (''crocodeilos'')<ref>{{Cita web |url=http://perseus.mpiwg-berlin.mpg.de/cgi-bin/vor?lookup=krokodeilos&lang=greek |título=Copia arquivada |data-acceso=02 de setembro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160303205859/http://perseus.mpiwg-berlin.mpg.de/cgi-bin/vor?lookup=krokodeilos&lang=greek# |dataarquivo=03 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref> que se cita en moitos libros de referencia.<ref name=dictionary.com/> Na [[koiné|koiné grega]] dos tempos do [[Imperio Romano]], ''crocodilos'' e ''crocodeilos'' teríanse pronunciado de forma idéntica, e calquera delas ou ambas poden ser a fonte da forma latinizada ''crocodīlus'' usada polos antigos romanos. ''Crocodilos'' ou ''crocodeilos'' é unha palabra composta de ''krokè'' ('croios, pedras') e ''drilos/dreilos'' ('verme'), aínda que ''drilos'' só está testemuñado como termo coloquial que significaba 'pene'.<ref name=dictionary.com>{{Cita web|url=http://dictionary.reference.com/browse/crocodile |title=Crocodile &#124; Define Crocodile at Dictionary.com |publisher=Dictionary.reference.com |accessdate=26 April 2013}}</ref> Atribúese a [[Heródoto]] e supostamente describe os hábitos de tomar o sol do crocodilo exipcio.<ref name=etymonline>{{Cita web|url=http://etymonline.com/index.php?search=crocodile |title=Online Etymology Dictionary |publisher=Etymonline.com |accessdate=16 March 2010}}</ref>
 
A forma ''crocodrillus'' é testemuñada no [[latín medieval]].<ref name="dictionary.com"/> Non está claro se isto é unha corrupción medieval ou deriva de formas alternativas grecolatinas (testemúñanse as formas do grego tardío ''corcodrillos'' e ''corcodrillion''). O uso do -y- no nome científico ''[[Crocodylus]]'' (e outros nomes de [[taxon]]s derivados), que non se facía no étimo latino ou grego, é unha corrupción introducida por [[Josephus Nicolaus Laurenti|Laurenti]] (1768).