Magosto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
→‎Orixes: Erro tipográfico
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 15:
== Orixes ==
[[Ficheiro:Castañas asadas.jpg|miniatura|esquerda|Castañas asadas.]]
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín ''magnus ustus'' 'gran fogueira', dentro dos cultos ígneos que, como a [[noite de san Xoán]], marcaban o paso das estacións<ref>[[Aníbal Otero]] (''Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués'' (1949-1976)) discrepa desta teoría, e López Témez di que ''no convence a casi nadie, por la poca base en la que sustenta''.</ref>; outros, de ''magnus'', que significaría ou ben 'magno, grande', ou ben 'mago, maxia'; e outros do celta ''mag'', campo ou mesmo do protocelta *Magon- e *glustu- 'gran luz' ou *Magon- e *ouxto- 'gran frío'<ref>[http://www.spns.org.uk/ProtoCelt.pdf Proto-Celtic ― English]</ref>. López Gómez ve alusión a ese suposto "'' mago do lume''" nun ''gran boneco ou espantallo feito entrabando pólas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas''.
 
[[Manuel Murguía|Murguía]] relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. [[Xosé Ramón Mariño Ferro|Mariño Ferro]] tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos ritos funerarios (Mariño Ferro: 260). Sexa como for, si se atopou relación da castaña con ritos funerarios e documéntase dende antigo o costume de asar castañas ese día<ref name=":0" />.