Cole Porter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 8:
Porter naceu no seo dunha familia protestante acomodada; o seu avó materno, James Omar "J. O." Cole era un rico comerciante de California, cunha fortuna estimada en dezasete millóns de dólares, que posuía grandes extensións de terreos ricos en madeira, carbón e petróleo e que exercía unha forte influencia sobre toda a súa familia. Os seus pais eran Kate Cole e Samuel Fenwick Porter, un empresario, propietario de varias tiendas de drogaría en Peru, Indiana,<ref name=shaftel>Shaftel, Matthew. [https://www.jstor.org/stable/3090664 "From Inspiration to Archive: Cole Porter's 'Night and Day'",] ''Journal of Music Theory'', Duke University Press, Volume 43, No. 2 (Autumn, 1999), pp. 315–47, consultado o 7-3-2011 (require subscrición)</ref> pero que non alcanzaba o nivel económico do seu sogro. O seu pai era afeccionado á música e un bo pianista, e Cole herdou as súas cualidades musicais. A casa en que viviu Porter de neno era unha gran casa [[Arquitectura vitoriana|vitoriana]] a só unhas rúas do centro da cidade.
 
A morte de dous fillos de pouca idade provocou que a súa nai se volcase profundamente en Cole, e introduciuno axiña na música. Así, aos seis anos practicaba diariamente o [[piano]], aprendeu a tocar o [[violín]] e escribiu a súa primera [[opereta]] coa axuda da súa nai aos dez. O avó de Porter quería que este se fixese avogado<ref name=bell>Bell, J. X. [http://www.coleporter.org/bio.html "Cole Porter Biography"] {{webarchiveWebarchive|url=https://web.archive.org/web/20100923133945/http://coleporter.org/bio.html |date=23-909-2010 }}, The Cole Porter Resource Site, consultado o 7-3-2011</ref> e se convertese no seu sucesor á fronte dos seus negocios e, con esa carreira en mente, asistiu á Academia Worcester e á [[Universidade Yale]], onde iniciou os seus estudos en 1909. En Yale uniuse á sociedade secreta ''Scroll and Key'', e á fraternidade [[Delta Kappa Epsilon]].<ref>Seuss (2012), p. 10</ref> Nesta universidade desenvolveu as súas cualidades musicais, compuxo cancións para o equipo de fútbol da universidade que constituíron grandes éxitos como "Bulldog"<ref>Yale Precision Marching Band, [http://www.yale.edu/yaleband/ypmb/yale.html "Yale Fight Songs"] {{webarchiveWebarchive|url=https://web.archive.org/web/20121006160808/http://www.yale.edu/yaleband/ypmb/yale.html |date=606-10-2012 }}, consultado o 20-9-2012.</ref> e "Bingo Eli Yale" e dirixiu o coro Yale Glee Club, co que realizou unha xira con éxito no nadal de 1912. Tralo seu paso por Yale accedeu á [[Harvard Law School|Facultade de Dereito]] de [[Universidade Harvard|Harvard]] en 1913, onde permaneceu un ano. Decidido a concentrarse na [[música]], trasladouse á Escola de Música de Harvard.
 
=== Carreira profesional ===
[[Ficheiro:Elsa Maxwell.jpg|miniatura|400px|De esquerda a dereita: William Rhinelander Stewart, [[Elsa Maxwell]] e Cole Porter, en 1934.]]
En 1915, compuxo a súa primeira canción para [[Broadway]], «Esmeralda», para a [[Revista (xénero)|revista musical]] ''Hands Up'' e un ano despois realizou a súa primeira produción teatral de Broadway, ''See America First'', que foi un fracaso e só permaneceu dúas semanas en cartel. Tras isto, Porter refuxiouse en [[París]], onde estudou [[contrapunto]], [[harmonía]] e [[orquestración]]. Algúns autores son escépticos sobre a afirmación de Porter de que se alistara na [[lexión estranxeira francesa|Lexión Estranxeira]] de Francia,<ref name=bell/><ref name=grove>Root, Deane L. and Gerald Bordman. [http://www.oxfordmusiconline.com:80/subscriber/article/grove/music/22147 "Porter, Cole (Albert)",] ''Grove Music Online'', consultado o 21-5-2010 (require subscrición)</ref> aínda que a Lexión lista a Porter como un dos seus soldados e ten o seu retrato no seu museo de [[Aubagne]].<ref>{{cita web|url=http://www.legion-etrangere.com/index.php |title=French Foreign Legion Official web site |publisher=Legion-etrangere.com |date=13-7-2016|accessdate=10-9-2016}}</ref> Estableceuse nun apartamento de luxo en París. Os seus deberes da fundación deixábanlle moito tempo libre para levar unha vida de playboy. En 1918, coñeceu a Linda Lee Thomas, unha rica divorciada, oito anos máis vella ca el, que lle abriu aínda máis a súa esfera de contactos sociais e coa que contraeu matrimonio o 12 de decembro de 1919, en París.<ref name=NROReview>[[John Derbyshire|Derbyshire, John]]. [http://article.nationalreview.com/273164/oh-the-songs/john-derbyshire "Oh, the Songs!"] {{webarchiveWebarchive|url=https://archive.is/20130130001827/http://article.nationalreview.com/273164/oh-the-songs/john-derbyshire |date=330-101-2013 }}, ''[[National Review Online]]'', 28-7-2004, consultado o 27-5-2010</ref>
 
En 1928, volveu a Broadway co musical ''París'', que constituíu o seu primeiro éxito.<ref name=Sensational5>Kimball (1999), p. 5</ref> Foi unha encarga de E. Ray Goetz, a instancias da esposa de Goetz e da cantante Irène Bordoni. Ela escollera como compositores a [[Richard Rodgers|Rodgers]] e [[Lorenz Hart|Hart]], mais non estaban dispoñibles e o axente de Porter persuadiu a Goetz para contratar a Porter no seu lugar.<ref>Citron (2005), p. 73</ref> Os traballos de Porter para a obra foron interrompidos en agosto de 1928 con motivo da morte do seu pai. A obra estreouse en Broadway o 8 de outubro de 1928. Porter non asistiu á primeira representación porque se atopaba en París para supervisar o espectáculo ''La Revue'', para o que fora contratado e que tamén constituíu un éxito.<ref>Citron (2005), pp. 74 and 79</ref> Estes éxitos abriron definitivamente a Porter as portas de Broadway, sendo en palabras de Citron «aceptado no chanzo máis alto dos compositores de Broadway». Os [[musical|musicais]] e cancións de Porter fixérono axiña popular; moitos deles foron escritos tendo en mente a [[Fred Astaire]] e [[Ethel Merman]].