Desamortización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Madoz: non se usa o D. na wikipedia
Liña 26:
==Madoz==
[[Ficheiro:Pascual Madoz, de José Nin y Tudó (1873), Congreso de los Diputados.jpg|miniatura|Retrato de Pascual Madoz Ibáñez.]]
Durante o segundo goberno de Espartero, o seu ministro de Facenda, [[Pascual Madoz]], realiza unha nova desamortización que foi executada con maior control que a de Mendizábal. O [[1 de maio]] de [[1855]] publícase o Decreto na ''[[Gaceta de Madrid]]''<ref name=":0">Vázquez (2011); p. 17</ref> e o [[31 de maio]] a Instrución para levala a cabo. Declarábanse á venda todas as propiedades do Estado, do [[clero]], das [[Ordes Militares]], [[Confraría relixiosa|confrarías]], obras pías, santuarios, do ex infante D. Carlos, dos propios e os comúns dos pobos, da beneficencia e da instrución pública, con algunhas excepcións. Igualmente, permitíase a desamortización dos censos pertencentes ás mesmas organizacións.
 
Esta desamortización tiña dous obxectivos principais: por unha banda, diminuír a débeda do país e, por outra, conseguir recursos para o plan de obras públicas. Así, o [[3 de xuño]] de [[1855]], decrétase a "Lei Xeral de Ferrocarrís".<ref name=":0" />