Alexandre Dumas (fillo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 18:
 
== Traxectoria ==
Fillo natural de [[Alexandre Dumas (pai)|Alexandre Dumas]] e Marie-Catherine Labay, costureira, foi, como o seu pai, un autor mundialmente recoñecido. En [[1831]], o seu pai recoñeceullerecoñeceuno legalmente e procuroulle a mellor educación posible na institución Goubaux e a academia Bourbon. As leis, por aquela época, permitíronlle a Dumas pai separar aoo fillo da súa nai e a agonía desta inspirou a Dumas fillo nos seus escritos sobre caracteres femininos e tráxicos. En case toda a súa obra enfatizou o propósito moral da literatura e, na súa novela ''[[O fillo natural]]'' ([[1858]]), expuxo a teoría de que aquel que trae un fillo ilexítimo ao mundo, ten a obrigación moral de lexitimizalo e casar coa muller.
 
Ademais de soportar o estigma da ilexitimidade, Dumas fillo levaba sangue negro. O seu pai era un cuarterón descendente dun nobre francés e unha negra haitiana. Nos internados escolares, Dumas fillo foi sempre vituperado polos seus compañeiros. Todas estas experiencias determinaron os seus pensamentos, comportamento e escritos. No seu primeiro libro de poemas, ''[[Pecados de mocidade]]'' ([[1847]]) denunciaba, dalgunha forma, a vida disipada que levou na súa mocidade, renegando dela.