Cataratas do Niágara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 74:
[[Ficheiro:Man stranded on rocks in the Niagara River 1879.JPG|250px|dereita|miniatura|Foto xornalística americana de [[1879]]. Dous homes que navegaban na parte superior do río perderon o control do seu bote na forte corrente do río Niágara. O río levou un deles inmediatamente en dirección ás caídas, mentres o outro ficou á deriva durante 18 horas entre dúas pedras antes de sucumbir á forza da corrente. Ambos morreron.]]
 
En [[outubro]] de [[1829]], [[Sam Patch]], que se autonomeaba ''The Yankee Leaper'' (O Saltador Yankee) saltou as caídas canadenses, converténdose na primeira persoa coñecida a sobrevivir a tal caída. Isto iniciou unha longa carreira entre persoas buscando fama nacional, tentando novos feitos nas cataratas do Niágara. En [[1901]], [[Annie Edson Taylor|Annie Taylor]], unha muller de 63 anos de idade, foi a primeira persoa en caer nas cataratas dentro dun [[barril]], e saír sen feridas. Despois de Taylor, outras catorce persoas caeron nas cataratas dentro de certos equipamentos como barrís e similares. Algúns deles sobreviviron sen feridas, outros tiveron menos sorte e afogaron ou sufriron serias feridas. Os sobreviventes de tales feitos poden ser condenados a pasar un tempo na [[prisión]], ou pagar [[multa]]s elevadas, dado que é ilegal o intento de tirarse nas cataratas do Niágara. O [[maxia|mago]] [[David Copperfield]] foi a última persoa en entrar nesta lista, tirándouse nas caídas canadenses en [[1990]], aínda que moitos digan que isto non foi máis que un truco de maxia feito por Copperfield.
 
Outras persoas cruzaron -ou intentaron cruzar- as cataratas. Esta práctica comezou coa pasaxe exitosa do equilibrista [[Blondin|Jean François "Blondin" Gravelet]], en [[1859]]. Desde entón, outros equilibristas atraeron un gran número de persoas. O [[Inglaterra|inglés]] [[Matthew Webb]], a primeira persoa a cruzar o [[canal da Mancha]], afogou en [[1883]] despois de intentar sen éxito cruzar a través dos [[remuíño]]s e da corrente despois das fervenzas.