Diferenzas entre revisións de «Leis de Newton»

→‎Segunda Lei de Newton ou Lei da Forza: Ppo. fundamental da dinámica
m (Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica)
(→‎Segunda Lei de Newton ou Lei da Forza: Ppo. fundamental da dinámica)
{{1000 artigos icona título|materia=Física e Química}}
{{sen referencias}}
[[Ficheiro:Newtons_laws_in_latinNewtons laws in latin.jpg|miniatura|dereita|220px|A primeira e segunda lei de Newton, en [[latín]], na edición orixinal da súa obra ''[[Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica|Principia Mathematica]]''.]]As '''Leis de Newton''' son tres principios relativos ao [[movemento]] dos corpos. A formulación matemática foi publicada por Sir [[Isaac Newton]] no [[1687]], na súa obra ''[[Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica]]''. As leis de Newton constitúen, xunto coa [[transformación de Galileo]], a base da [[mecánica clásica]]. No terceiro volume dos ''Principia'' Newton amosou que, combinando estas leis coa [[Gravedad|Lei da gravitación universal]], se poden deducir e explicar as [[Leis de Kepler]] sobre o movemento planetario.
 
As leis de Newton tal como se adoitan expoñer só valen para [[sistema inercial|sistemas de referencia inerciais]]. En sistemas de referencia non-inerciais, xunto coas [[forza]]s reais deben incluírse as chamadas [[forza ficticia|forzas ficticias]] ou forzas de inercia que engaden termos suplementarios capaces de explicaren o movemento dun sistema pechado de partículas clásicas que interactúan entre elas.
Na experiencia diaria, os corpos están sometidos á acción de forzas de fricción ou [[rozamento]] que os van freando progresivamente. A non comprensión deste fenómeno fixo que, dende a época de [[Aristóteles]] e ata a formulación deste principio por Galileo e Newton, se pensase que o estado natural de movemento dos corpos era nulo e que as forzas eran necesarias para mantelos en movemento. Porén, Newton e Galileo mostraron que os corpos se moven a velocidade constante e en liña recta se non hai forzas que actúen sobre eles. Este principio constituíu unha das descubertas máis importantes da física.
 
==Segunda Lei de Newton, Principio Fundamental da Dinámica ou Lei da Forza==
Existen diversas maneiras de formular a segunda lei de Newton, que relaciona as forzas actuantes e a variación da cantidade de movemento ou momento lineal. A primeira das formulacións, que presentamos a continuación é válida tanto na mecánica newtoniana coma na mecánica relativista:
 
14.665

edicións