Ramón Conde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ref
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fixo os seus estudos na súa cidade natal até que en 1965 se trasladou a [[Xixón]] onde cursou estudos na universidade laboral. En 1969 regresou a Ourense, onde finalizou os seus estudos de [[bacharelato]]. En [[1971]] ingresou na Facultade de Filosofía e Letras da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. En [[1973]] vive en [[Madrid]] coñecendo fundicións e obradoiros de diversos artistas. A partir de [[1974]] reside de novo en Ourense onde desenvolve a súa linguaxe plástica. En [[1986]] trasládase á [[A Coruña|Coruña]] onde viviu até 1991, instalando o seu estudo no [[Polígono industrial de Sabón]], en [[Arteixo]]. Nestes anos realizou as súas primeiras obras públicas e comezou a súa proxección internacional coa participación en exposicións como a do ''Salón des Indépendentes'', na ''Exposición Internacional de Nogent Sur Marne'', no ''Espace Delpha'' e en [[Lorient]]. En [[1991]] inaugúrase a súa obra ''[[Monumento ao traballo|Os Redeiros]]'' na Gran Vía de [[Vigo]]. Nese mesmo ano foi para [[Houston, Texas|Houston]] como profesor convidado da [[Universidade de Houston-Downtown]].<ref name=galegos/> Viviu nesta cidade até [[1992]]. Nese ano realizou unha exposición no recinto feiral da [[Exposición Universal de Sevilla de 1992|Expo]] de [[Sevilla]] e ao ano seguinte fixo unha longa estancia en [[Monterrey]], [[México]].
 
Entre [[1993]] e [[1999]] trasládase a Vigo e monta o seu estudo en [[Santo André de Comesaña, Vigo|Comesaña]]. Despois desa estancia en Vigo e até o [[2003]] vive e traballa en [[Padrón]]. En 2003 realizou as súas primeiras exposicións en [[Alemaña]] (Hannover e Kommunale Galerie de [[Berlín]]). No [[2005]] fixo unha exposición nas rúas e o exterior do edificio do concello de Ourense.