Bosnia e Hercegovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0) (Cyberpower678 - 4494
Liña 92:
[[Ficheiro:BH municipality location 2.svg|miniatura|200px|Mapa coas entidades e os municipios.]]
{{VT|Presidencia de Bosnia e Hercegovina}}
Bosnia e Hercegovina ten varios niveis de estruturación política baixo o nivel de goberno federal. A división de máis importancia é a división entre a [[República Serbia]] e a [[Federación de Bosnia e Hercegovina]]. A Federación de Bosnia e Hercegovina abarca o 51% da superficie total, mentres que a República Serbia cobre ao redor do 49%. As entidades, baseadas principalmente nos territorios ocupados polas dúas partes belixerantes no momento, estabelecéronse formalmente a partir do [[Acordo de Dayton|acordo de paz de Dayton]] en [[1995]] debido aos tremendos cambios na estrutura étnica de Bosnia e Hercegovina, con todo, dende [[1996]] o poder das entidades en relación ao goberno federal diminuíu considerablemente, aínda que seguen mantendo numerosas competencias. O distrito de Brčko ao norte do país foi creado no ano [[2000]], nun territorio pertencente ás dúas entidades. Oficialmente, pertence a ambas, mais non se rexe por ningunha delas, funcionando baixo un sistema descentralizado de goberno local. O distrito de Brčko foi eloxiado polo mantemento dunha poboación multiétnica e un nivel de prosperidade moi por encima da media nacional.<ref name="OHR">OHR Bulletin 66 (3 February 1998). [http://www.ohr.int/ohr-dept/presso/chronology/bulletins/default.asp?content_id=4991#8 - Final hearing of the Arbitration Tribunal in Vienna] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20150605052623/http://www.ohr.int/ohr-dept/presso/chronology/bulletins/default.asp?content_id=4991#8 |date=05 de xuñojune de 2015 }}. OHR.</ref>
 
O seguinte nivel de subdivisión política de Bosnia e Hercegovina son os cantóns, aínda que só se atopan na Federación de Bosnia e Hercegovina, sendo en total dez deles. Tódolos teñen o seu propio goberno cantonal, que está baixo a lei da Federación no seu conxunto. Algúns cantóns son étnicamente mixtos e teñen leis especiais aplicadas para garantir a igualdade de tódolos pobos que a compoñen.
Liña 152:
 
=== Relacións internacionais ===
A integración dentro da [[Unión Europea]] é un dos principais obxectivos políticos de Bosnia e Hercegovina, iniciando o Proceso de Estabilización e Asociación en [[2007]], proceso no que os países participantes teñen a posibilidade de converterse, unha vez que se cumpren as condicións necesarias, os Estados membros. Bosnia e Hercegovina é por tanto un país candidato potencial á adhesión.<ref>{{Cita web |url=http://ec.europa.eu/enlargement/potential-candidate-countries/bosnia_and_herzegovina/eu_bosnia_and_herzegovina_relations_en.htm |título=European Commission - Enlargement - Bosnia and Herzegovina - Relations with the EU |data-acceso=16 de novembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090126024355/http://ec.europa.eu/enlargement/potential-candidate-countries/bosnia_and_herzegovina/eu_bosnia_and_herzegovina_relations_en.htm |dataarquivo=26 de xaneirojanuary de 2009 |urlmorta=si }}</ref> A aplicación dos [[Acordos de Dayton]] de [[1995]], centraron os esforzos dos políticos en Bosnia e Herzegovina, así como da comunidade internacional, na estabilización rexional dos países sucesores da [[República Federal Socialista de Iugoslavia|ex-Iugoslavia]]. En Bosnia e Hercegovina, as relacións cos seus veciños [[Croacia]], [[Montenegro]] e [[Serbia]] foron bastante estables dende a sinatura do acordo.
 
== Economía ==
Liña 174:
=== Turismo ===
[[Ficheiro:Bihacka-kula.jpg|miniatura|Bihać]]
Segundo unha estimación da Organización Mundial do Turismo, Bosnia e Hercegovina terá a terceira taxa de crecemento de turismo máis alta no mundo entre [[1995]] e 2020.<ref name="Newfound">{{Cita web |url=http://features.us.reuters.com/destinations/news/L20239376.html |título=Bosnia's newfound tourism, Reuters |data-acceso=16 de novembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071224155630/http://features.us.reuters.com/destinations/news/L20239376.html |dataarquivo=24 de decembrodecember de 2007 |urlmorta=si }}</ref>
 
Ademais Lonely Planet, na clasificación das mellores cidades do mundo, clasificou a [[Saraxevo]], o [[capital]] do país e anfitrioa dos [[Xogos Olímpicos|Xogos Olímpicos de Inverno]] de [[1984]], como a número 43, por diante doutras cidades dos [[Balcáns]] como [[Dubrovnik]] no 59, [[Ljubljana]] no 84, [[Belgrado]] no 113 ou [[Zagreb]] no 135.<ref>{{Cita web|url=http://www.bosniatravel.net/news/2006/lonely-planet-on-sarajevo.html|title=Bosnia Travel|data-acceso=16 de novembro de 2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070223094909/http://www.bosniatravel.net/news/2006/lonely-planet-on-sarajevo.html|dataarquivo=23 de febreirofebruary de 2007|urlmorta=si}}</ref> O [[turismo]] de [[Saraxevo]] está principalmente centrado en monumentos históricos, relixiosos e aspectos culturais. Bosnia converteuse tamén nun destino de esquí cada vez máis popular e nun destino do ecoturismo.
 
Bosnia e Hercegovina é ademais unha das últimas rexións sen descubrir dos [[Alpes|Alpes do Sur]], con amplas extensións de natureza salvaxe e virxe, que atraen aventureiros e amantes da natureza. Ademais os centrais [[Alpes Dináricos]] son favorables para os excursionistas e paseantes, xa que se poden atopar climas tanto [[clima mediterráneo|mediterráneo]] como alpino. O rafting é algo parecido a un deporte nacional practicado en tres ríos, entre os que se atopa o que ten canón do río máis profundo de Europa, o río Tara.
Liña 196:
{{Bar percent|outros|gray|2.3}}}}
[[Ficheiro:Bosnia Herzegovina Ethnic 2013.png|dereita|miniatura|295px|Composición étnica de Bosnia e Hercegovina no ano [[2013]].]]
Bosnia é o fogar de tres etnias ou "pobos constituíntes", os [[Pobo bosníaco|bosníacos]], os [[Pobo serbio|serbios]] e os [[Pobo croata|croatas]]. As tensións entre os tres pobos seguen a ser elevados e con frecuencia causa de desacordos políticos. Con todo, un estudo de [[haplogrupos do cromosoma Y]] publicado en [[2005]] atopou que "os tres grupos principais de Bosnia e Hercegovina, a pesar dalgunhas diferenzas cuantitativas, comparten unha gran parte do mesmo acervo xenético distintivo da área dos Balcáns".<ref>[{{Cita web |url=http://www.blackwell-synergy.com/doi/abs/10.1111/j.1529-8817.2005.00190.x |título=The peopling of modern Bosnia-Herzegovina: Y-chromosome haplogroups in the three main ethnic groups] |data-acceso=16 de november de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20191017183032/http://www.blackwell-synergy.com/doi/abs/10.1111/j.1529-8817.2005.00190.x |dataarquivo=17 de october de 2019 |urlmorta=si }}</ref>
 
Os continuos desprazamentos de poboacións durante as [[guerras dos Balcáns]] na década de [[1990]] provocaron drásticos cambios na distribución da poboación. O último dato oficial data do censo iugoslavo de [[1991]], dende aquela desacordos políticos fixeron imposible a organización dun, con todo está planeada a realización dun novo censo en [[2011]]. Así pois case a totalidade dos datos demográficos de despois da guerra son estimacións, porén a maioría das fontes estiman que a poboación ten diminuído en 350.000 habitantes dende ese ano. Segundo o último censo a poboación de Bosnia e Hercegovina era de 4&nbsp;354&nbsp;911, etnicamente dividida en: