Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Clasificación de volcáns: quito ligazón a homónimo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
Os científicos adoitan considerar un volcán activo se actualmente está en erupción ou, se non é o caso, porque presentan sinais de inestabilidade, como pode ser unha [[actividade sísmica]] inusual ou unha emisión significativa de gases. Hai un certo consenso ao considerar que un volcán está activo se entrou en erupción ao longo do período [[Holoceno]]. A definición do Smithsonian Global Volcanism Program é que un volcán activo ten que estalar nos últimos 10.000 anos (o período Holoceno). Os tempos históricos son un prazo máis concreto para consideralos activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/text.html Volcanoes]". U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.</ref> Con todo, é importante sinalar que o lapso da historia difire de rexión a rexión. Na [[China]] e no [[Mediterráneo]], a historia escrita remóntase a máis de 3.000 anos, pero no Noroeste Pacífico dos Estados Unidos e o Canadá, tan só é duns 300 anos, e en Hawai e Nova Zelandia, ao redor duns 200 anos.<ref>"''[http://books.google.cat/books?id=-P83AAAAIAAJ&pg=PA7&dq&hl=ca#v=onepage&q=&f=false Mountains of fire: the nature of volcanoes]''". Robert Wayne Decker, Barbara Decker (1991), p.7, {{ISBN|0-521-31290-6}}</ref>
 
Na actualidade no mundo hai preto de 500 volcáns activos, a gran maioría ao longo do [[Cinto de lume do Pacífico]]; e ao redor de 50 deles entran en erupción cada ano.<ref>"[http://www.esa.int/SPECIALS/Space_for_our_climate/SEM3XU2VQUD_0.html Volcanoes]". European Space Agency.</ref> Segundo algunhas estimacións, hai máis de 1.500 volcáns potencialmente activos.<ref>"[http://earthobservatory.nasa.gov/Features/monvoc/ Sensing Remote Volcanoes]". NASA Earth Observatory.</ref> Só nos Estados Unidos teñen controlados 50 volcáns activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/environments.html Volcano Environments]". U.S. Geological Survey.</ref> Estímase que 500 millóns de persoas viven preto de volcáns en actividade.<ref>"[http://www.alertnet.org/db/crisisprofiles/VOLCANO.htm Volcanoes]". Reuters. December 12, de decembro de 2009.</ref>
 
=== Volcáns durmidos e extintos ===