Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Clasificación de volcáns: Corrixo o castelanismo "colina" por "cuíña", que é a palabra galega correcta.
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Efectos: +trad ca.wiki
Liña 20:
O volcán coñecido máis grande do [[Sistema Solar]] é [[Olympus Mons]], situado en [[Marte]] e actualmente inactivo, cuns 600 km de base e uns 27 km de altura. Outras estruturas volcánicas salientables poden atoparse na superficie de [[Ío (lúa)|Ío]].
[[Ficheiro:Volcano q.jpg|miniatura|350px|Erupción dun volcán]]
 
== Actividade volcánica ==
A saída de produtos [[gas]]osos, [[líquido]]s e [[sólido]]s lanzados polas explosións constitúe o paroxismo ou erupcións do volcán. A actividade consiste no desprazamento das rocas ígneas ou en estado de fusión, desde o interior da cortiza terrestre cara ao exterior. Estes materiais saen á superficie terrestre como ríos de rocas fundidas.
 
A actividade volcánica pode supor cambios do [[clima]], chegando a facer que durante un ano non haxa verán (como ocorreu en Europa e os Estados Unidos en 1816). As emisións (gases e cinza) poden afectar á atmosfera facendo que baixan as temperaturas. Se estas emisións á atmosfera ocorren na [[zona de converxencia intertropical]], permite a súa expansión pola atmosfera do planeta.<ref name="Obiols">{{cita publicación|apelido=Obiols|nome=Lluís|título=Volcans i clima|publicación=À Punt|url=https://www.apuntmedia.es/va/L'oratge/Volcans-i-clima|dataacceso=17 de maio de 2018|data=17-5-2018}}</ref>
 
Os volcáns pódense clasificar de diferentes maneiras tendo en consideración varios factores. Unha maneira popular de clasificar os volcáns magmáticos é pola súa frecuencia eruptiva. Os que teñen erupcións de maneira regular dise que están activos. Os que entraron en erupción en tempos históricos, pero agora non mostran actividade dise que están latentes ou durmidos, e os que non entraron en erupción en tempos históricos considéranse extintos. Con todo, estas clasificacións teñen un carácter popular e, especialmente, supor a extinción dun volcán, non ten unha base demasiada científica. Os científicos usan clasificacións que se refiren aos procesos de formación e erupción dun volcán en particular e ás formas resultantes.
=== Volcáns activos ===
[[Ficheiro:Etna_eruption_seen_from_the_International_Space_Station.jpg|miniatura|esquerda|Erupción do volcán [[Etna]] en [[Sicilia]], ([[Italia]]), vista desde a [[Estación Espacial Internacional]].]]
 
Os volcáns activos son aqueles que entran en actividade eruptiva. A maioría dos volcáns tan só de maneira ocasional entran en actividade e permanecen en repouso a maior parte do tempo. Afortunadamente para os [[seres vivos]], que sofren a súa forza destrutiva, só uns poucos están nun proceso de erupción continua. O período de actividade eruptiva pode durar desde unha hora até varios anos. Este foi o caso do [[Pacaya]]. Os intervalos de calma entre erupcións poden durar meses, décadas e nalgúns casos, mesmo séculos. Aínda así, non se descubriu aínda un método seguro para predicir as erupcións.
 
Non existe un consenso real entre os vulcanólogos para definir cando un volcán está activo. A vida útil dun volcán pode variar desde meses até varios millóns de anos. Esta distinción, a miúdo non ten demasiado sentido sobre todo cando se compara coa expectativa de vida dos [[seres humanos]] ou, mesmo, das [[civilizacións]]. Por exemplo, moitos dos volcáns da Terra activáronse ducias de veces nos últimos mil anos, pero actualmente non están a mostrar signos de erupción. Tendo presente, pois, a longa vida útil dos volcáns estes son moi activos. Pero en comparación coa duración da vida humana, algúns poden facer interpretacións diferentes.
 
Os científicos adoitan considerar un volcán activo se actualmente está en erupción ou, se non é o caso, porque presentan sinais de inestabilidade, como pode ser unha [[actividade sísmica]] inusual ou unha emisión significativa de gases. Hai un certo consenso ao considerar que un volcán está activo se entrou en erupción ao longo do período [[Holoceno]]. A definición do Smithsonian Global Volcanism Program é que un volcán activo ten que estalar nos últimos 10.000 anos (o período Holoceno). Os tempos históricos son un prazo máis concreto para consideralos activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/text.html Volcanoes]". U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.</ref> Con todo, é importante sinalar que o lapso da historia difire de rexión a rexión. Na [[China]] e no [[Mediterráneo]], a historia escrita remóntase a máis de 3.000 anos, pero no Noroeste Pacífico dos Estados Unidos e o Canadá, tan só é duns 300 anos, e en Hawai e Nova Zelandia, ao redor duns 200 anos.<ref>"''[http://books.google.cat/books?id=-P83AAAAIAAJ&pg=PA7&dq&hl=ca#v=onepage&q=&f=false Mountains of fire: the nature of volcanoes]''". Robert Wayne Decker, Barbara Decker (1991), p.7, {{ISBN|0-521-31290-6}}</ref>
 
Na actualidade no mundo hai preto de 500 volcáns activos, a gran maioría ao longo do [[Cinto de lume do Pacífico]]; e ao redor de 50 deles entran en erupción cada ano.<ref>"[http://www.esa.int/SPECIALS/Space_for_our_climate/SEM3XU2VQUD_0.html Volcanoes]". European Space Agency.</ref> Segundo algunhas estimacións, hai máis de 1.500 volcáns potencialmente activos.<ref>"[http://earthobservatory.nasa.gov/Features/monvoc/ Sensing Remote Volcanoes]". NASA Earth Observatory.</ref> Só nos Estados Unidos teñen controlados 50 volcáns activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/environments.html Volcano Environments]". U.S. Geological Survey.</ref> Estímase que 500 millóns de persoas viven preto de volcáns en actividade.<ref>"[http://www.alertnet.org/db/crisisprofiles/VOLCANO.htm Volcanoes]". Reuters. December 12, 2009.</ref>
 
=== Volcáns durmidos e extintos ===
[[Ficheiro:Tavurvur volcano edit.jpg|miniatura|Volcán [[Tavurvur]] de [[Papúa Nova Guinea]], [[2009]].]]
[[Ficheiro:MSH80_eruption_mount_st_helens_05-18-80.jpg|miniatura|esquerda|Erupción espectacular de Mont [[Saint Helens]], [[estado de Washington]].]]
Os volcáns durmidos son aqueles que manteñen certos sinais de actividade, como poden ser a existencia de [[augas termais]], e entraron en actividade de maneira esporádica. Dentro deste tipo de actividade adoitan considerarse as [[Fumarola volcánica|fumarolas]] e os volcáns cuns longos períodos de inactividade entre erupción e erupción.
 
É difícil distinguir un volcán extinguido dun que está durmido. Os volcáns xeralmente son considerados extintos se non hai rexistros documentados da súa actividade. Con todo, hai volcáns que poden permanecer latentes durante un longo período. Por exemplo, o do [[Parque Nacional de Yellowstone]] ten un período de repouso e de actividade periódica de preto de 700 ka; e o volcán de [[lago Toba|Toba]], ao redor de 380 ka.<ref name=chesner1991>{{cita publicación|doi=10.1130/0091-7613(1991)019<0200:EHOESL>2.3.CO;2|url= http://www.geo.mtu.edu/~raman/papers/ChesnerGeology.pdf||apelido=Chesner| nome=C.A.| apelido2=Westgate| nome2=J.A.|apelido3=Rose| nome3=W.I.|artigo=Eruptive History of Earth's Largest Quaternary caldera (Toba, Indonèsia) Clarified|volume=19|páxinas=200-203|publicación=Geology|ano=1991| dataacceso=20-01-2010}}</ref> O [[Vesuvio]] foi descrito polos escritores romanos como se a súa contorna estivese cuberta de xardíns e viñas antes da súa famosa erupción do ano [[79]], que destruíu as cidades de [[Herculano]] e [[Pompeia]].
 
Antes da catastrófica erupción do ano [[1991]], o volcán [[Pinatubo]] tiña unha actividade bastante discreta, e era descoñecida pola maioría da xente que vivía na zona. Máis recentemente, o moi inactivo volcán de [[Soufrière Hills]], na [[illa de Montserrat]], considerábase que estaba extinguido ata que retomou a actividade no ano [[1995]]. Outro exemplo recente é o [[Fourpeaked]], en [[Alasca]], que até a súa erupción en setembro de [[2006]], non entrara en erupción dende hai uns 10.000 anos e creuse durante moito tempo que estaba extinguido.
 
Os volcáns extintos son aqueles que estiveron en actividade durante períodos moi afastados e non hai indicios de que poidan reactivarse no futuro. Son moi frecuentes, aínda que a inactividade que os describe pódese reactivar novamente en moi raras ocasións, estes volcáns xeralmente deixaron de mostrar actividade dende hai moitos séculos antes de ser considerados extintos.
 
A actividade eruptiva é case sempre intermitente, posto que os períodos de paroxismo son seguidos por outros de repouso, durante os cales o volcán parece extinguido; pódense citar os casos do [[Vesuvio]], o [[Teide]], o [[Teneguía]] ou o [[monte Fuji]].
 
== Efectos ==