Feliciana Enríquez de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 2:
'''Feliciana Enríquez de Guzmán,''' nada en [[Sevilla]] no [[1569]] e finada no [[1644]], foi unha dramaturga e poeta española do [[Século de Ouro]].
 
== VidaTraxectoria ==
Temos poucos datos sobre a súa vida, salvo que tivo dúas irmás, ámbalas dúas monxas no convento de Santa Ynés de Sevilla, a quen dedica a primeira parte da súa obra principal, ''[[Tragicomedia de los jardines y campos Sabeos]]''. A segunda parte a dedica ao seu segundo marido, Francisco de León Garavito. O seu primeiro marido foi Cristóbal Ponce de Solís y Farfán, que fundou unha capelanía da que ela foi patroa.<ref>{{Cita web |título=Feliciana Enríquez de Guzmán en escritoras.com |url=https://escritoras.com/escritoras/Feliciana-Enriquez-de-Guzman |páxina-web=escritoras.com |data-acceso=21/10/2019 |lingua=es}}</ref> As cláusulas do seu [[testamento]] mostran unha personalidade forte, piadosa e atenta cos máis necesitados. Non se ten a seguridade de que sexa certa a historia, que recolleu [[Lope de Vega]] na [[Silva (estrofa)|silva]] 3.ª do seu ''[[Laurel de Apolo]]''.<ref>{{Cita web |nome=Javier |apelidos=Huerta Calvo |título=Feliciana Enríquez de Guzmán. Real Academia de la Historia |url=http://dbe.rah.es/biografias/6675/feliciana-enriquez-de-guzman |editorial=[[Real Academia da Historia]] |data-acceso=21/10/2019}}</ref> Nela fai alusión ás aventuras dunha tal dona Feliciana que estudou na [[Universidade de Salamanca]] disfrazada de home<ref name=":0">{{Cita web |título=Personajes históricos de la Universidad de Salamanca. Feliciana Enríquez de Guzmán. Sala de Prensa |url=https://saladeprensa.usal.es/node/114634 |editorial=Universidade de Salamanca |data-acceso=21/10/2019}}</ref> e no seu terceiro ano namorouse dun estudante (probablemente o seu segundo marido), graduándose en [[teoloxía]] e [[astroloxía]]. Descuberta, tivo que declarar o seu sexo e volver a Sevilla, o que parece case un dos argumentos do propio Lope, quen non simpatizaba coas ideas dramáticas da autora, pero si coa dama en persoa, como adoitaba: