A fiestra valdeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 69:
 
* O cadro. É o obxecto principal da obra, xa que arredor del se desenrola a maior parte da acción. É o que trae os problemas e as discusións entre as personaxes da obra. Hai un elemento moi importante a destacar no cadro: A paisaxe que se ve desde a fiestra de don Miguel (barcos e xente traballando, típico de zonas mariñeiras). Isto é o que trae as discusións. No cadro aparenta que pola fiestra son pobres, e a súa filla e a súa muller non lles gusta. A partir de isto podemos ver dous conflitos: A filla e a muller queren cambiar o cadro e os mariñeiros do pobo non. Os mariñeiros adiántanse e collen o cadro un día que van a casa de don Miguel. O cadro estivo gardado nunha casa, pero logo dun tempo os mariñeiros devólvenllo a don Miguel. Ao final, a súa muller e a súa filla o aceptan. Pero o cadro non tiña a parte da fiestra, a cal foi arrancada, e Antonio vólvese a ofrecer para volver a pintalo. O final todos acaban ceando xuntos. Por último, na obra, a arte adquire un papel protagonista a través do obxecto mesmo do conflito: o retrato coa fiestra desde a que se ve o mar no que o pintor Antonio capta a esencia de don Miguel, e non só del, senón tamén de Baldomero e, por extensión, de todos os mariñeiros da obra.
* O mar. Tanto o mar como a vida mariñeira son dúas pezas fundamentais nesta obra. A presenciapresenza do mar apréciase sobre todo no léxico mariñeiro que podemos apreciar ao longo de toda a obra, tamén nas personaxes, na fiestra, nas historias secundarias etcétera. É, ademais, un punto clave no que ao conflito principal se refire.
 
== Lugar e tempo da acción ==