Gran Premio dos Estados Unidos de 1975: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 59:
A brecha entre o Ferrari de Lauda e o [[McLaren]] de Fittipaldi estableceuse en aproximadamente un segundo. Mass, que marchaba sexto, perdeu de súpeto tres postos con Andretti [[James Hunt]] e [[Ronnie Peterson]] cando accidentalmente apagou o seu motor. Na seguinte volta, con [[Jochen Mass]] agora xusto diante del, [[Clay Regazzoni]] rompeu o morro contra a roda traseira do McLaren e perdeu máis dunha volta mentres cambiou un novo. Na volta 10, o motor de Reutemann rompeu e a suspensión dianteira de Andretti cedeu. Isto deixou a Lauda e Fittipaldi doce segundos por diante de Jarier, que estaba cinco segundos por diante do grupo de Hunt, Brambilla, Mass, Peterson e Scheckter.
 
O compañeiro de Lauda, Regazzoni foi dobrado polos líderes na volta 18, logo da súa longa parada en boxes. Deixou pasar a Lauda, pero fixo todo o posible por conter a Fittipaldi. Regazzoni continuou desacelerando na chicane e ao longo de todo o circuíto, Fittipaldi sacudía o puño e os comisarios axitaron as súas bandeiras azuis '''durante seis voltas'''. Cando a [[Regulacións da Fórmula 1#Bandeira azul|bandeira azul]] converteuse en [[Regulacións da Fórmula 1#Bandeira negra|negra]], Regazzoni finalmente permitiu o paso do brasileiro. Fittipaldi estaba agora 15 segundos por detrás de Lauda, Jarier retirouse, Brambilla caeu ao sétimo lugar debido a que zarandeábase a causa da rotura do soporte do asento e unha terrible batalla polo terceiro posto estaba no seu apoxeo entre Hunt, Mass, Peterson e Scheckter. Mass acosou a Hunt durante varias voltas, e foi capaz de adiantalo co [[Hesketh Racing|Hesketh]] na volta 33. A falta de nove voltas para o final, Peterson tamén pasou a Hunt, que estaba loitando co seu cambio de marchas e o equilibrio dos freos. Apenas a tres voltas do final, Mass sentiu que os seus freos esvaecían e Peterson cheirou unha oportunidade de podio. Intentouo pasar ao McLaren, pero no intento, fíxolle un plano a seu pneumático dianteiro esquerdo na freada. O punto plano resultante fixo moi difícil a pilotaxe, e o freou o suficientemente para que Hunt recuperara o cuarto lugar na última volta.
 
Lauda permitiuse diminuír a súa vantaxe a pouco menos de cinco segundos na meta, e saboreou o clímax do seu primeiro Campionato. Dixo que non lle importaban os seus logros estatísticos como ser o primeiro campión do mundo e o primeiro piloto de Ferrari en gañar o Gran Premio de Estados Unidos, pero preocupáballe non cobrar o diñeiro do premio.