Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
*existenza -> existencia
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 25:
=== Masacres de Cilicia ou de Adana ===
[[Ficheiro:Adanamass.PNG|miniatura|Un pobo de Armenia saqueado e derruído despois dos masacres de Adana, no ano 1909]]
Unha década despois, entre o 14 e o [[27 de abril]] de [[1909]] tivo lugar unha segunda onda de matanzas, coñecidas como "''masacres de Cilicia''" ou "''masacres de Adana''", e que coincidiron coa [[contrarrevolución]] dos partidarios do sultán [[Abdul Hamid II]] que fora forzado a restaurar a constitución otomá como resultado da revolución dos [[Mozos Turcos]] en [[1908]]. Nestas matanzas calcúlase que morreron uns 30.000 armenios, aínda que non hai, con todo, acordo canto ás cifras.
Foron un preludio do Xenocidio armenio e se perpetraron en zonas rurais cilicianas e en distintas vilas: [[Adana]], Hadjin, Sis, Zeïtoun, Alep, Dört Yol<ref>Akcam. ''A Shameful Act'' páx 69.</ref>.
 
Liña 112:
 
=== A misión dos EEUU no Imperio Otomán ===
[[Ficheiro:They Shall Not Perish.png|210px|miniatura|Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] contribuíron axudando ós armenios durante o Xenocidio armenio. Móstrase aquí un cartel do ''American Committee for Relief in the Near East'' que di que eles (os armenios) "non morrerán"]][[Ficheiro:NY_Times_Armenian_genocideNY Times Armenian genocide.jpg|210px|miniatura|Artigo do [[New York Times]] datado do 15 de decembro de 1915 aclarando que preto dun millón de armenios foron deliberadamente expostos á morte polo Imperio Otomán]][[Ficheiro:World War I- Near East Relief Workers - memory.loc.gov.png|210px|miniatura|Traballadores da ''American Committee for Relief in the Near East'' en [[Sivas]]]]
 
A través do [[Imperio Otomán]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] estableceran consulados en [[Adrianópole]], [[Karput]], [[Samsun]], [[Esmirna]], [[Trebisonda]], [[Van, Turquía|Van]], así como un na cidade siria de [[Alepo]]. A misión do departamento de estado foi dirixida nese entón polo embaixador [[Henry Morgenthau]] en Constantinopla. Os Estados Unidos foron oficialmente neutrais na guerra até que entraron do bando dos aliados en [[1917]]. Mentres as ordes das deportacións e dos masacres eran decretadas, moitos funcionarios consulares divulgaron ó embaixador o que eles testemuñaban. Unha documentación chegou en [[setembro]] de [[1915]] polo cónsul americano en [[Karput]], Leslie A. Davis que describía o seu descubrimento dos corpos de case 10.000 armenios tirados en varios barrancos preto do lago Göeljuk, despois referida como a "provincia do matanza"<ref>Balakian. ''Burning Tigris'', pp. 244–245, 314</ref>
Liña 183:
=== A posición das autoridades turcas ===
 
[[Ficheiro:John_Bull_Hated_to_Drop_His_BundleJohn Bull Hated to Drop His Bundle.jpg|miniatura|Esta viñeta mostra a situación dos armenios e a responsabilidade do [[Reino Unido]] daquela]]
Turquía non acepta que as mortes acaecidas en [[1915]] fosen o resultado dun plan organizado polo estado para eliminar á poboación armenia baixo a súa soberanía. Turquía defende unha postura que se basea en que o [[Imperio Otomán]] loitou contra a sublevación no seu territorio soberano da milicia armenia, apoiada esta polo goberno ruso. Existe así mesmo un desacordo en canto ó número de mortes. O goberno turco indica, que segundo estudos demográficos da época, eran menos de 1.5 millóns os armenios que vivían no Imperio Otomán, insinuando pois que as cifras publicadas relativas á morte de millón de armenios poden ser esaxeradas. Medios oficiais turcos cren que o número de vítimas pode situarse nun rango de cifras situado entre as 200.000 e as 600.000, menores que o número dos musulmáns que faleceron entre [[1912]]-[[1922]].