Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 139:
Os rodios fundaron colonias nas [[Baleares]], na costa xerundense, no sur de [[Italia]] ([[Parténope]], [[Salapia]], [[Siris]] e [[Síbaris]]), en [[Sicilia]] ([[Gela]]), en [[Cilicia]] ([[Soli]]), e en [[Licia]] ([[Gagae]] e [[Corydalla]]).
 
En [[-478]] ingresaron na [[confederación de Delos]] encabezada por [[Atenas]]. As cidades rodias pagaron tributo a Atenas na primeira parte da [[guerra do Peloponeso]], pero en [[-412]] pasáronse aos [[esparta]]nos despois do desastre da [[expedición a Sicilia]]. Un intento de [[contrarrevolución]] dos populares, favorables a Atenas, foi sufocado nas tres cidades.
 
En [[-408]] as tres cidades uníronse e fundaron unha nova cidade, Rodas, no extremo norte da illa, que se converteu en capital dun estado unificado que abrazaba toda a illa.