Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 83:
O período posterior á abdicación do tsar foi á vez confuso e entusiasta. O [[Goberno Provisional Ruso|Goberno provisional]] sucedeu ao tsarismo rápidamente, mentres que a revolución gañaba profundidade e a masa de traballadores e campesiños se politizaba.
 
Os soviets, nacidos da vontade popular, non se atreveron a contradicir de primeiras ao Goberno provisional, pese á súa inmobilidade e a súa actuación na guerra.<ref>[[Michel Heller]] et Aleksandr Nekrich, ''L'Utopie au pouvoir. Histoire de l'URSS de 1917 à nos jours'', Calmann-Lévy, coll. « Liberté de l'esprit», Paris, 1985, p. 22.</ref> Con todo, o pequeno [[Bolxevique|Partido Bolxevique]], liderado por [[Lenin]], que se atopaba exiliado en Suíza, impuxo unha radicalización estratéxica, erixíndose portavoz do crecente descontento xeral e converteuse en depositario das aspiracións populares, mentres que os partidos revolucionarios rivais ([[menxevique]]s, [[Partido Social-Revolucionario|eseristas]], etc.) se desacreditaban entre eles, alimentando así o perigo [[contrarrevolucionario]].
 
=== «O país máis libre do mundo» ===
Liña 282:
 
=== A creación da Cheka ===
[[Ficheiro:Znak5_GPUZnak5 GPU.GIF|miniatura|100px|Insignia da Cheka en 1922]]
O [[20 de decembro]] de [[1917]], fundouse a «Comisión extraordinaria de loita contra o sabotaxe e a contrarrevolución» (en [[idioma ruso|ruso]]: VChK ou ''Vecheká''), comunmente coñecida como [[Cheka]]. As súas accións non tiñan ningunha base legal nin xudicial (o decreto fundacional non se fixo público ata logo da morte de Lenin) e fora concibida como un instrumento provisional de represión independente da xustiza. Era dirixida por un comité de cinco membros (tres bolxeviques e dous socialrevolucionarios) presidido por [[Féliks Dzerzhinski]]. Entre os "sabotadores" e inimigos previstos polo decreto figuraban o KD, os socialrevolucionarios de dereita, xornalistas, folguistas... De súpeto, a Cheka multiplicou os chamamentos á delación e á constitución de Chekas locais. Fundada con 100 funcionarios (entre os que estaban [[Viacheslav Menzhinski|Menzhinski]] e [[Génrij Yagoda|Yagoda]]), xa contaba con 12.000 en xullo de 1918. Ao chegar a Moscova, instalouse en [[Lubyanka]], o [[10 de marzo]] de [[1918]], con 600 membros. En xullo xa contaba con 2000. A partir desta data, os efectivos policiais dos bolxeviques foron superiores aos da [[Okhrana]] dos tempos de [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].