Comité Provisional da Duma Estatal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 10:
O goberno imperial, subestimando a súa debilidade, decidiu disolver a Duma até abril ante as protestas na capital.<ref name="rabinowitch27"/> Un grupo de deputados negouse a disolverse e formou un comité o {{xulgregdata|12|3|1917}}<ref name="hasegawa623">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 623</ref> O Comité declarouse a si mesmo o órgano de goberno do [[Imperio Ruso]], pero ''de facto'' competiu polo poder co [[Soviet de Petrogrado]], o cal foi creado o mesmo día.<ref name="rabinowitch27">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 27</ref>
 
[[Ficheiro:Демонстрация_солдат_1917Демонстрация солдат 1917.jpg|left|thumb|Manifestación de soldados durante a [[Revolución de Febreiro]]. Os desexos do comité de devolver aos soldados aos cuarteis chocou coa actitude destes e do [[Soviet de Petrogrado]].]]
 
O Comité adoptou pronto medidas para facerse co control do Estado: ordenou a detención dos ministros tsaristas e proclamou o seu control sobre a administración estatal.<ref name="hasegawa623"/> Coa axuda de tropas rebeldes tomou o ministerio de Transportes, facéndose co control da coordinación das comunicacións e os ferrocarrís do país ({{xulgregdata|13|3|1917}}).<ref name="hasegawa623"/> Desde alí comunicouse a todo o país o cambio de réxime, con gran impacto psicolóxico, especialmente importante entre os mandos militares na fronte, que cambiaron a súa actitude hostil á revolución ao decatarse de que o novo goberno formábao a Duma.<ref name="hasegawa623"/> A comisión militar, dependente orixinalmente do Soviet, pasou a ser controlada, co beneplácito deste, polo Comité da Duma.<ref name="hasegawa624">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 624</ref>
Liña 18:
As primeiras accións moderadas, levadas a cabo principalmente por Rodzianko, para convencer ao tsar de nomear un novo goberno responsable ante o parlamento, fracasaron, pero convenceron aos mandos militares.<ref name="hasegawa628">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 628</ref> O {{xulgregdata|15|3|1917|curto=true}} o comité, premido pola situación na capital, pasou a esixir a abdicación do tsar, a pesar das reticencias de Rodzianko.<ref name="hasegawa629">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 629</ref> A intención do Comité de manter a monarquía pasando a coroa ao irmán do tsar [[Miguel Aleksandrovich Romanov|Miguel Romanov]] foi moi mal recibida na capital, onde Miliukov foi apupado ao anuncialo.<ref name="hasegawa631">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 631</ref> O rexeitamento do cetro por parte de Miguel decidiu a cuestión definitivamente, en contra dos desexos de Miliukov.<ref name="hasegawa631"/>
 
O {{xulgregdata|15|3|1917}} o Comité e o [[Soviet de Petrogrado]] puxéronse de acordo en crear o [[Goberno Provisional Ruso|Goberno Provisional.]]<ref name="hasegawa622">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 622</ref> Mentres que os dirixentes do Soviet desexaban a creación o máis pronto posible do goberno para evitar a posibilidade dunha [[contrarrevolución]] ou da radicalización das masas, o Comité desexaba utilizar o prestixio do Soviet para gañarse o respaldo dos insurrectos, que non lograra por si mesmo.<ref name="hasegawa625">[[#Bibliografía|Hasegawa (1972)]], p. 625</ref>
 
Moitos membros do Comité marcharon a prestar os seus servizos no [[Goberno Provisional Ruso|Goberno Provisional]], mentres o Comité continuou desempeñando un papel insignificante ata que a Cuarta Duma foi disolta o {{xulgregdata|19|9|1917}}