Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

Ligazón interna
m (engado a Categoría:Casa de Habsburgo mediante HotCat)
(Ligazón interna)
 
O goberno suízo acolleu o exemperador coa condición de que residise lonxe da fronteira austríaca e se abstivese de calquera actividade que puidese comprometer ao país. Tras unhas semanas de buscar aloxamento, a familia instalouse en maio xunto ao [[Lago de Xenebra]], nunha vila onde a exemperatriz deu a luz o seu sexto fillo.
 
En abril formárase en Hungría un goberno [[contrarrevolucionario]] baixo protección francesa en [[Szeged]] e outro grupo de similar orientación formouse en Viena.<ref name="ReferenceB">[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 462</ref> Carlos mantivo contactos cos dous grupos. O grupo vienés, que logrou facerse con fondos da embaixada húngara, financiou con eles un grupo militar (a ''división Lehar'') que apoiou a restauración de Carlos en Hungría occidental, ocupando certo territorio durante 15 meses.
 
Durante a primavera Carlos mostrárase disposto a recuperar o trono, non considerando a súa abdicación en Hungría como válida ao non ter sido confirmada polo primeiro ministro e o Parlamento.<ref name="ReferenceB"/> Pola súa parte, o goberno húngaro comunicara a Suíza que consideraba a Carlos como o seu monarca e esperaba un trato correspondente.<ref name="ReferenceB"/>
5.675

edicións