Diferenzas entre revisións de «Mao Tse Tung»

sen resumo de edición
(incurrir >incorrer)
Entre [[1957]] e [[1960]], Mao dirixe unha ambiciosa campaña de masas denominada ''[[Gran salto adiante]]'', política desarrollista que marcaba o distanzamento entre o comunismo chinés e o soviético. O ''Gran salto adiante'' foi un fracaso, e provocou unha [[Gran famenta China|gran famenta]], que se viu agravada por [[Catástrofe natural|catástrofes naturais]].
 
Entre [[1966]] e [[1969]], alentado por seguidores como [[Lin Biao]] e a súa propia esposa [[Jiang Qing]], promoveu unha nova campaña de mobilización social, a [[Revolución Cultural]], co obxectivo, segundo Mao, de profundar a construción do socialismo e impedir a restauración capitalista; no entanto, hai quen considera que, no fondo, os auténticos obxectivos da Revolución Cultural eran apartar do poder a [[Liu Shaoqi]], [[presidente da República Popular da China]], e a [[Deng Xiaoping]], [[Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista da China|secretario xeral do partido]], que o habían apartado do poder efectivo tralo fracaso do Gran salto adiante. Para iso, socavóu os apoios dos dirixentes do partido, creando estruturas de poder paralelas como comités revolucionarios e, de xeito especial, os «Gardas Vermellos», novos adoutrinados que «atacaban» a quen eran considerados reaccionarios ou [[contrarrevolucionarios]]. Mao acabaría, con todo, pedindo ao exército que acabase cos desmáns dos gardas vermellos, ante os crecentes actos de intimidación e violencia provocados por estes. En abril de [[1969]], o IX Congreso Nacional do Partido Comunista da China deu por concluída a [[Revolución Cultural]] e suspendéronse as actividades dos Gardas Vermellos. As loitas de poder que se sucederon a continuación levarían a unha situación de grande inestabilidade ata logo da morte de Mao, cando os reformistas liderados por Deng Xiaoping conseguirían facerse co poder.
 
Como líder ideolóxico do partido, a figura de Mao dominou a política e a sociedade da República Popular da China ata a súa morte o [[9 de setembro]] de [[1976]] en [[Pequín]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Mao_Zedong_1913Mao Zedong 1913.jpg|miniatura|Mao en 1913]]
[[Ficheiro:Mao1927.jpg|miniatura|Mao Tse Tung en 1927.]]
Mao era fillo dun granxeiro acomodado establecido en [[Shaoshan]] ([[Hunan]]), coidado pola familia da nai durante a súa infancia<ref>Clements, Jonathan (2006) ''Mao Zedong'' London:Haus Publising, p.1</ref>, traballou logo na [[granxa]] de seu pai comezando a escola aos oito anos, seguindo o canon clásico [[confucionismo|confucionista]] dos cinco clásicos que só fixo impacto nel de xeito negativo<ref>Terrill Ross (1999) ''Mao. A Biography'' Stanford:Stanford University Press, p. 35</ref> converténdose nun lector voraz <ref>Feigon, Lee (2002). Mao: A Reinterpretation. Chicago: Ivan R. Dee, p. 15</ref>. En 1909 foi á cidade de [[Changsha]] para comezar os seus estudos de secundaria nun novo tipo de escola de estilo máis occidental<ref>Karl, Rebecca (2010)''Mao Zedong and China in the Twentieth-Century World: A Concise History'' Duke University Press, p. 7</ref>, influenciado polos sucesos da [[Revolución de Xinhai]] (1911) e do [[Movemento do Catro de Maio]] (1919) adoptou posicións [[nacionalismo chinés|nacionalistas]] e [[antiimperialismo|antiimperialistas]] e mentres traballaba na [[Universidade de Pequin]] achegouse ao marxismo-leninismo, converténdose nun dos primeiros membros do [[Partido Comunista da China]] (PCC) logo da súa fundación en [[1921]], chegando axiña a posicións de mando. En 1922 os comunistas chegaron a un acordo co [[Kuomintang]], un partido nacionalista revolucionario con máis peso na época; Mao axudou na creación dun exército campesiño e organizou a reforma agraria. En 1927 o líder militar do KMT, [[Chiang Kai-shek]] puxo fin á alianza e realizou unha purga dos elementos comunistas, asemade o PCC formou cos elementos fieis a súa propia milicia, o que conduciu á [[Guerra civil chinesa|guerra civil]]. Mao foi responsable do comando dunha parte do [[Exército Popular de Liberación]], e logo de varios reveses, ascendeu ao poder no partido tras dirixir a [[Longa Marcha]]. Cando o [[Imperio do Xapón]] invadiu a China en 1937 e deu comezo a [[Segunda guerra sino-xaponesa]], Mao concordou co KMT unha [[Segunda Fronte Unida|fronte unida]] que se saldou coa vitoria do CPC-KMT en 1945. Logo estoupou de novo a guerra civil, na cal Mao dirixiu o Exército Popular logrando a vitoria e proclamando Mao a fundación da República Popular da China, un estado socialista de partido único controlado polo PCC, mentres Chiang e os seus seguidores procuraron refuxio en [[Taiwán]]. Mao logo da [[Campaña de Supresión dos Contrarrevolucionarios]] realizou a [[reforma agraria]] coas terras dos antigos señores [[feudalismo|feudais]] dividíndoas entre as [[comuna popular|comunas populares]] e estableceuse un culto á personalidade baseado na súa persoa<ref>Breslin, Shaun (1998) ''Mao'' Essex:Pearson Education, pp 110 e ss.</ref>. Entre 1958 e 1961 dirixiu a campaña coñecida como o [[Gran salto adiante]] deseñado para modernizar e industrializar o país, non obstante os problemas agrarios empeoraron polas súas políticas e houbo fame no país. En 1966 iniciou a [[Revolución Cultural]], un programa para eliminar os elementos [[contrarrevolucionarios]] na sociedade chienesachinesa, que continuou ata a súa morte.
 
Unha figura fondamente controvertida, está considerado un dos individuos máis importantes na [[Idade Contemporánea|historia do mundo contemporáneo]].<ref>{{Cita web|work=The Oxford Companion to Politics of the World|url=http://www.oxfordreference.com/pages/samplep02|title=Mao Zedong|accessdate=August 23, 2008}}</ref> Os seus partidarios gaban o seu pulo modernizador que levou a China a se converter nun dos poderes mundiais, a promoción do status da muller, a expansión da educación e da saúde, o aumento da esperanza de vida e a consecución da vivenda universal.<ref>Gao, Mobo (2008). The Battle for China's Past: Mao and the Cultural Revolution. London: Pluto Press, p. 81</ref><ref name="China 2010, pp. 327">''The Cambridge Illustrated History of China'', by Patricia Buckley Ebrey, Cambridge University Press, 2010, ISBN 0-521-12433-6, pp. 327</ref> aínda que a China case dobrou a súa poboación durante o liderado de Mao,<ref>''Atlas of World History'', by Patrick Karl O'Brien, Oxford University Press US, 2002, ISBN 0-19-521921-X, pp 254, [http://books.google.com/books?id=ffZy5tDjaUkC&pg=PA254&dq=China's+population+almost+doubled+during+the+period+of+Mao's+leadership&hl=en&sa=X&ei=Clu5UMG6H4j28wTk2oDQDQ&ved=0CDAQ6AEwAA#v=onepage&q=China's%20population%20almost%20doubled%20during%20the%20period%20of%20Mao's%20leadership&f=false link]</ref> de 550 a 900 millóns.<ref name="China 2010, pp. 327"/> Como resultado, Mao aínda está considerado por moitos chineses coma un grande estratego político e militar e o salvador da nación. Os maoístas tamén promoven o seu papel como teórico, home de estado, poeta e visionario, que inspirou movementos revolucionarios ao longo do globo.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Short|2001|p=630}} "''Mao had an extraordinary mix of talents: he was visionary, statesman, political and military strategist of cunning intellect, a philosopher and poet.''"</ref> Pola contra, para os seus críticos, foi un [[ditador]] que dirixiu un estado que sistematicamente violaba os [[dereitos humanos]], e que causou entre 40 e 70 millóns de mortos por medio da fame, os [[traballos forzados]] e execucións.<ref name="deathtoll">{{Cita Harvard sen parénteses|Short|2001|p=631}}</ref><ref>[[R. J. Rummel|Rummel, R. J.]] ''[http://www.hawaii.edu/powerkills/NOTE2.HTM China's Bloody Century: Genocide and Mass Murder Since 1900]'' [[Transaction Publishers]], 1991. ISBN 0-88738-417-X p. 205: In light of recent evidence, Rummel has increased Mao's [[democide]] toll to [http://democraticpeace.wordpress.com/2008/11/24/getting-my-reestimate-of-maos-democide-out/ 77 million]; [[Daniel Jonah Goldhagen]]. ''Worse Than War: Genocide, Eliminationism, and the Ongoing Assault on Humanity.'' [[PublicAffairs]], 2009. ISBN 1-58648-769-8 p. 53: "...&nbsp;the Chinese communists' murdering of a mind-boggling number of people, perhaps between 50 million and 70 million Chinese, and an additional 1.2 million Tibetans."</ref>
6.626

edicións