Lois de Borgoña: Diferenzas entre revisións

Príncipe de Acaia
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Lluís de Borgonya"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2019 ás 08:16

Luís de Borgoña, nado en 1297 e finado o 2 de agosto de 1316, foi príncipe de Acaia e pretendente do Reino de Tesalónica.

Moeda cuñada por Luís de Borgoña.
Escudo de Luís de Borgoña.

Traxectoria

Devanceiros

Era o fillo máis novo de Roberto II de Borgoña e Ines de Francia. Era neto por liña paterna de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, e por liña materna de Luís IX de Francia e Margarida de Provenza.

Era irmán dos duques Hugo V e Eudes IV de Borgoña; de Branca de Borgoña, casada con Eduardo I de Savoia; Margarida de Borgoña, casada con Luís X de Francia e Xoana de Borgoña, casada con Filipe VI de Francia.

Príncipe de Acaia

En 1313 tomou parte no complexo contrato matrimonial deseñado co obxectivo de asegurar o control da primeira dinastía Capeto de Anjou-Sicília e da dinastía de Borgoña para asegurar o dominio da Grecia franca:

O 31 de xullo de 1313 casou con Matilda de Hainaut, descendente de Guillerme II Villehardouin, e a quen Filipe I de Taranto dera en feudo o Principado de Acaia. Ao se converter en ser príncipe de Acaia, Luis de Borgoña fixo a correspondente homenaxe a Filipe I de Taranto como emperador de Constantinopla iure uxoris e rei de Tesalonica. En virtude da sua vasalaxe, accedeu a unirse a unha campaña prevista para a reconquista do Imperio latino de Constantinopla. Pola súa banda, Luís de Borgoña cedeu os dereitos sobre as terras do Ducado de Borgoña ao seu irmán Hugo V de Borgoña, para que este lle cedese o título de rei de Tesalónica, que fora vendido á súa familia en 1266.

Disputa coa Casa de Mallorca

Mentres tanto, Isabel I de Acaia tivera unha irmá máis nova, Margarida de Acaia. Cando Isabel foi desposuída do principado por Carlos II de Anjou, a súa irmá, Margarida, reclamou para si mesma os dereitos sobre o Principado de Acaia dun xeito infrutuoso. Finalmente traspasou os dereitos en favor da súa filla, Isabel de Sabran, que era polo tanto curmá de Matilda de Hainaut, filla de Isabel de Acaia. Para facer valer os seus dereitos sobre a súa curmá Matilda, Isabel de Sabran casou co infante Ferran de Mallorca, que reclamou o Principado de Acaia en nome da súa muller e preparou a conquista.

Guerra polo Principado de Achaia

O infante Ferran de Mallorca desembarcou e tomou Glarentza en 1315. Pola súa banda, Matilda de Hainaut e Luís de Borgoña chegaron por separado ao principado. Mentres Luís de Borgoña se dirixía á República de Venecia para solicitar axuda militar, Matilda zarpou directamente do porto de Marsella e desembarcou en Navarino con 1.000 soldados a finais de 1315.

Á chegada de Matilda, varios baróns, incluído o conde de Cefalonia, volveron á súa obediencia. Pero a pesar dos reforzos recibidos polos baróns, o exército de Matilda foi derrotado polas tropas do infante Ferran de Mallorca o 22 de febreiro de 1316 na batalla de Picotín. Despois chegou Luís de Borgoña e comezou o asedio de Chalandrista, que acabou fracasando. Ferran de Mallorca enviou cartas á Compañía Catalá de Oriente clamando polo envío de reforzos, que foron respondidos favorablemente por esta. Pero cando as tropas da compañía aínda estaban en camiño, o 5 de xullo de 1316 librouse a batalla de Manolada, na que o infante Ferran foi derrotado e morto.

Só catro semanas despois, morreu Luís de Borgoña. Segundo a Crónica de Morea, a súa morte foi debida a unhas febres, pero segundo a catalá Declaratio Summa, foi envelenado por Xoán de Cefalonia. A morte de Luís de Borgoña deixou o Principado de Acaia nun estado de estancamento que deixou abertas as pretensións da súa esposa Matilde de Hainaut, o seu sobriño Eudes IV de Borgoña e Filipe I de Taranto.

Vexase tamn

Bibliografia