Marta Mata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen notas}}
{{Político
| nome = Marta Mata {{Medalla|Creu}}
Liña 15 ⟶ 16:
== Traxectoria ==
=== Formación e comezos ===
Formada no Padroado escolar do Concello de [[Barcelona]], os seus estudos de [[bacharel]] víronse interrompidos durante a [[Guerra civil española]]. Trasladouse a mediados da década de 1940 a Saifores, onde comezou o seu labor como ensinante ao tempo que estudaba Filosofía e Letras e licenciábase en [[Pedagoxía]] no [[1957]].
 
Filla de mestra, tratou nas décadas posteriores de iniciar un movemento de renovación pedagóxica coa creación de varios centros de ensino que recollían o pulo de renovación que impulsou a formación española durante a Segunda República.{{cómpre referencia}} A imposibilidade de crear líbrementelibremente centros de formación para o profesorado durante o franquismo, lévaa a impulsar a [[Escola de Mestres Rosa Sensat]], de carácter clandestino, que se estende nas denominadas Escolas de Verán cunha importante implantación fóra e dentro de Cataluña,{{cómpre referencia}} ao tempo que traballa como profesora na Universidade de Barcelona.
 
=== Política ===
A morte do [[ditador]]{{quen}} abriu a porta a unha maior implicación política de Marta Mata, que se afilia no [[1976]] a [[Convergència Socialista de Catalunya]], dirixida por [[Joan Reventós]], formación que pasou eses mesmos anos a ser o [[Partit Socialista de Catalunya]]-Congrés e, dous anos máis tarde, o [[Partit dels Socialistes de Catalunya]].
 
Nas eleccións xerais de [[1977]] foi elixida deputada pola circunscrición electoral de Barcelona na coalición socialista. Foi reelixida nas eleccións de [[1979]]. Renunciou ao escano no [[Congreso dos Deputados]] para concorrer ás primeiras eleccións da transición democrática ao [[Parlamento de Cataluña]] no [[1980]], renovando escano ata [[1988]]. De [[1983]] a [[1984]] foi elixida pola cámara catalá senadora, e de [[1993]] a [[1996]] volveuno a ser, pero como electa por Barcelona.
 
=== Educación e pedagoxía ===
De [[1986]] a [[2002]] foi nomeada membro do Consello Escolar do Estado, ao tempo que desempeñou a súa tarefa como concelleiroconcelleira de educación do Concello de Barcelona de [[1987]] a [[1995]] e Vicepresidenta da deputación provincial.
 
A mediados da década de 1990 creou a [[Fundació Àngels Garriga de Mata]], destinada á formación do profesorado e ao estudio e estímulo da intercaccióninteracción entre a escola e a sociedade.
 
Autora de varias obras pedagóxica, foi nomeada doutora honoris causa pola [[Universidade Autónoma de Barcelona]] e foi galardoada coa [[Cruz de Alfonso X o Sabio]] polo goberno de España e a [[Cruz de Sant Jordi]] de lada [[Generalitat de Cataluña]].
 
No [[2008]] botouse o buque remolcador da [[Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima]] BS-33 Marta Mata, no seu honor.
 
== Algúns postulados e ideas pedagóxicas ==
* Os alumnos deben aprender a pensar e dicidirdecidir por si mesmos.
* A defensa da igualdade entre as persoas implica unha escola pública, para todos, mixta e laica.
* O oficio de mestre esixe un equilibrio entre reflexión práctica, centrada na escola, e a formación profesional, e cultural, sólida e ao máis alto nivel.
* Nunha sociedade democrática a escola debe artellarse asemade de xeito democrático, cunha xestión e un proceso con base na participación dos alumnos no proceso de aprendizaxe, e de mestres, pais e sociedade en xeralnaxeral na definición e xestión da esscolaescola.
* A formación dos ensinantes ten unha compoñente básica no diálogo e o intercambio de experiencias con outros ensinantes.
* Clases e libros son só compoñentes estruturais e materiais do ensino, non o conxunto de posibilidades a aproveitar.
Liña 51 ⟶ 52:
* {{es}} [https://web.archive.org/web/20081207171932/http://www.bne.es/esp/actividades/martamata.htm Biografía], na [[Biblioteca Nacional de España]].
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Mata}}
 
[[Categoría:Personalidades da pedagoxía|Mata]]
[[Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Cataluña]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]