Diferenzas entre revisións de «Illa Clipperton»

sen resumo de edición
 
A historia da colonia mexicana foi o tema de varias novelas.
 
=== Segundo dominio francés ===
A posesión da illa Clipperton disputouse entre México e Francia. Esta última achegouse á [[Cidade do Vaticano]] para que a [[Santa Sé]] tomase unha decisión sobre a propiedade, en [[1930]], a Santa Sé asignou esta tarefa ao rei de Italia , [[Víctor Manuel III]], que finalmente decidiu a favor de [[Francia]]. Os franceses reconstruíron o faro e estableceron un posto militar na illa, que durou só sete anos.
 
México acatou á opinión do rei [[Víctor Manuel III de Italia]] (encomendado da [[Santa Sé]]), por respecto ás decisións de Porfirio Díaz.
 
A finais da década de 1930, Clipperton foi visitada dúas veces polo presidente [[Estados Unidos | americano]] [[Franklin Delano Roosevelt]], que pretendía facerse coa illa para convertila en base aérea para as súas operacións no océano Pacífico. En [[1944]] ordenou a ocupación da illa pola mariña comandada polo almirante [[Richard Evelyn Byrd]], no que foi unha das operacións máis secretas da [[Segunda Guerra Mundial]]. No seu informe, Byrd suxeriu abrir un paso no bordo do atol e dragar a lagoa para atracar barcos con provisións e buques cisterna, con todo, este proxecto nunca se levou a cabo.
 
En [[1962]], a independencia de [[Alxeria]] deixou a Francia sen campo para probas nucleares. Por este motivo, o Departamento de Defensa francés considerou a Clipperton como posible substituto, non obstante, debido ao clima hostil da illa e a súa localización remota, esta posibilidade foi descartada.
 
Durante os anos 70 explorouse a posibilidade de abrir a lagoa e desenvolver a baía como centro turístico e comercial. En 1981, a Academia de Ciencias dos Territorios de Ultramar suxeriu que a illa tivese a súa propia infraestrutura, un aeroporto e un porto pesqueiro na lagoa. Isto implicaría a apertura da lagoa creando un paso no atol. Para iso, formouse un acordo co Alto Comisionado da [[Polinesia Francesa]] para que o atol pasase a ser propiedade do Estado francés. Non obstante, tendo en conta o custo económico, a distancia e o tamaño do atol, o proxecto nunca se levou a cabo.
 
Os franceses planearon converter a illa nun vertedoiro nuclear, pero [[México]] e [[Estados Unidos]] convenceron a Francia para que abandonase os seus plans.
 
A illa está abandonada desde o final da Segunda Guerra Mundial e só é visitada por pescadores deportivos, patrullas da mariña francesa e pescadores de atún e tiburóns mexicanos.
 
Nunha ocasión [[Jacques-Yves Cousteau]] visitou a illa xunto ao seu equipo de mergulladores e un supervivente da evacuación, Pedro Ramón Arnaud Rovira, fillo do capitán Ramón Arnaud Vignon.
 
En 2003, Lance Milbrand permaneceu na illa durante 41 días para unha expedición [[National Geographic]], gravando as súas aventuras en vídeo.
 
Entre xaneiro e abril de 2005, o ecosistema Clipperton foi estudado extensivamente durante catro meses por unha expedición científica organizada por [[Jean-Louis Étienne]], co fin de facer un inventario completo dos minerais, vexetais e animais atopados no illa, así como para reafirmar a soberanía francesa do atol. Ao mesmo tempo que unha muller embarazada e membro do equipo pensaba dar a luz na illa.
 
==Notas==
20.312

edicións