Illa Clipperton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 88:
En [[1908]], a [[Pacific Island Company]] finalizou as súas operacións na illa, xa que non atopou un mercado para o guano de baixa calidade de Clipperton, e só se dedicou a apilalo durante anos. Cando baixaron os prezos internacionais, a compañía finalmente desapareceu en [[1910]].
 
En xaneiro de 1914, o capitán Ramón Arnaud Vignon volveu a Clipperton despois de entrevistarse con Victoriano Huerta e solicitou provisións. Seis semanas despois, os revolucionarios capturaron o barco ''Tampico'', ao mandode [[Hilario Rodríguez Malpica]]. Este barco era o barco que levaría as provisións do porto de [[Topolobampo]] aos habitantes da illa. Na [[Batalla de Topolobampo | única batalla naval]] da [[Revolución mexicana]], o "Vicente Guerrero" perseguiu ao "Tampico" e afundiuno fronte a [[Mazatlan]].
 
Por primeira vez escasearon as subministracións na illa, pero os soldados da guarnición non sabían que o barco que os transportaba estaba no fondo do mar, nin que estalara a [[Primeira Guerra Mundial]] en [[Europa]]. O [[28 de febreiro]] de [[1914]], un [[goleta]] estadounidense encallou o [[arrecife]], porén, dado que o buque de subministración nunca puido chegar, tres mariñeiros decidiron navegar os 1100 quilómetros nunha balsa cara a [[Acapulco]] para pedir axuda. A pesar de ter cumprido a fazaña, as novas autoridades mexicanas negáronse a rescatar a un defensor declarado do réxime anterior.
Liña 96:
Dise, con todo, que o gobernador militar da illa declarou que a evacuación non era necesaria, xa que tiña provisións para cinco meses. Arnaud tiña unha razón persoal moi poderosa: tiña antedecentes como desertor do exército mexicano anos antes, un delito polo que foi arrestado e procesado. Unha evacuación podería interpretarse polos seus superiores como a súa segunda deserción, polo que quedou cubrindo a súa posición na illa. Doutra banda, si evacuouse ao alemán Schultzo, que se di volvérase tolo.
 
Os seguintes tres anos caracterizáronse pola [[fame]] e a [[morte]] da guarnición, porque cando se esgotaron as subministracións, os sobreviventes tiveron que alimentarse de peixes e [[ovo (alimento) | ovos]], que apenas aseguraraba o seu sustento e puxeron en risco a súa [[saúde]]. O [[atol]] tiña apenas 6 [[Arecaceae | palmeiras]], que xuntas daban só 3 [[coco]]s por semana, o que non representaba suficiente [[vitamina C]] para soster unha comunidade de 26 persoas. Antes dun ano, a xente comezou a morrer por [[escorbuto]] e [[malnutrición]]. En [[1915]], 15 persoas foron enterradas nas areas do sur da lagoa. O resto seguiu agardando a chegada do barco México, que nunca sucedeu.
 
Como os cocos estaban reservados para as [[muller]]es e os [[neno]]s, Arnaud e os seus homes comezaron a delirar e desesperarse. O 5 de outubro de 1916, o capitán Arnaud morre nun intento marrado de alcanzar un barco que pasou fronte á illa usando unha canoa, a canoa afundiuse con Arnaud e o resto dos seus homes fronte á illa, mentres o barco continuaba no seu camiño.