Diferenzas entre revisións de «Illa Clipperton»

En [[1906]], a [[Compañía Británica das Illas do Pacífico]] adquiriu os dereitos de explotación dos depósitos de guano da illa e, xunto co goberno de México, construíu un [[asentamento mineiro]]. Á espera de novas e grandes ganancias, a compañía inglesa construíu un novo [[Molle | peirao]] e unha curta vía ferroviaria no atol, instalou equipos pesados de moenda e trouxo a San Francisco a mineiros [[italiano]]s, xaponeses e de diversas nacionalidades. Durante o período de maior produción, máis de 100 homes estiveron traballando na illa da Paixón.
 
Baixo as ordes de Porfirio Díaz, ese mesmo ano construíuse un [[faro]] cunha lámpada de 10.000 [[buxía]] e unha [[guarnición militar]] ao mando do capitán [[Ramón Arnaud|Ramón Arnaud Vignon]] da [[Armada mexicana | Mariña mexicana]]. No período 1908-1913, unhas 100 persoas (homes, mulleres e nenos) vivían na illa. Cada dous meses, chegaba á illa un barco desde [[Acapulco]] con provisións. Non obstante, co estalido da [[Revolución mexicana]] este servizo suspendeuse e os habitantes da illa quedaron abandonados a súa sorte.<ref name="clippertonproject">{{cite web |website=The Clipperton Project |date=2014 |access-date=2018-01-11 |url=http://www.clippertonproject.com/expeditions/clipperton-island-2012/about-clipperton-island/ |title=About Clipperton Island |url-status=dead |archive-url=https://web.archive.org/web/20140117040649/http://www.clippertonproject.com/expeditions/clipperton-island-2012/about-clipperton-island/ |archive-date=2014-01-17 }}</ref>
 
O alemán [[Gustavo Schultz]], representante da compañía explotadora de Guano na illa, plantara trece cocos no areal. Posteriormente, ese feito significou a diferenza entre a vida e a morte: os froitos daquela acción produtiva permitiron que algúns mexicanos abandonados na illa sobrevivisen, xa que era a súa única fonte de [[vitamina C]], que impediu a morte dos residentes por [[escorbuto]].
[[Ficheiro:SobrevivientesClipperton.jpg|thumb | 300px | right | Os superviventes da illa de Clipperton.]]
 
O [[fareiro]], Victoriano Álvarez resultou ser o único home que quedou da illa, xunto con 15 mulleres e nenos.<ref>{{cite web |url=http://elainejobin.com/Elsewhere/Pacific/Clipperton_2010/000.html |title=Trip Report and Photos: Clipperton Island – April 10–25, 2010 |author=Elaine Jobin |website=ElaineJobin.com |accessdate=2012-06-17 |archive-url=https://web.archive.org/web/20120427135659/http://elainejobin.com/Elsewhere/Pacific/Clipperton_2010/000.html |url-status=dead |archive-date=2012-04-27}}</ref> Alvarez proclamouse rei e comezou unha escalada de violacións e asasinatos, antes de que fose asasinado por unha das súas vítimas. Tirza Rendón, coa axuda de Alicia Rovira, a muller do capitán Arnaud, matouno cun martelo e un obxecto punzante. O pequeno Pedro Ramón Arnaud Rovira (fillo do capitán Arnaud) viu no horizonte o USS "Yorktown", un barco da mariña estadounidense e disparando un rifle logrou chamar a súa atención. O 18 de xullo de 1917, case inmediatamente despois da morte de Alvarez, 4 mulleres e 7 nenos, os últimos sobreviventes, foron rescatados polo USS 'Yorktown', comandado polo capitán HP Perril
 
A historia da colonia mexicana foi o tema de varias novelas.
20.276

edicións