Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Primeiros anos: Auguste Rodin
Liña 32:
Ludwig naceu en [[Viena]] ás oito e media do anoitecer do [[26 de abril]] do [[1889]], no Palais Wittgenstein, no número 16 de Alleegasse, actualmente Argentinierstrasse, preto da [[Karlskirche]].<ref>Edmonds, David; Eidinow, John. ''Wittgenstein's Poker''. Faber and Faber, 2001, p. 57.</ref> Era fillo de Karl e a súa muller, Kalmus, xudea por parte de pai e católica romana por parte de nai.<ref>Consultar [http://www.wittgen-cam.ac.uk/cgi-bin/text/biogre1.html "Ludwig Wittgenstein: Background"], Wittgenstein archive, Universidade de Cambridge, consultado o 2 de setembro de 2010.</ref> Karl e Poldi, como os coñecía, tiveron nove fillos en total. Houbo catro nenas: Hermine, Margaret (Gretl) -que foi psicoanalizada por Sigmund Freud a principios dos anos 1930-, Helene, e unha cuarta filla que morreu cando era pequena; e cinco nenos: Johannes (Hans), Kurt, Rudolf (Rudi) e Paul, que foi un recoñecido [[pianista]]; perdeu un brazo durante a guerra e [[Maurice Ravel]] compúxolle o seu ''[[Concerto para a man esquerda]]''. Ludwig foi o máis pequeno da familia.<ref name=Bartley16>Bartley, William Warren. ''Wittgenstein''. Open Court, 1994, p. 16, primeira edición en 1973.</ref>
[[Ficheiro:Gustav Klimt 055.jpg|miniatura|''Retrato de Margarethe Stonborough-Wittgenstein'' de [[Gustav Klimt]] (1905), cadro para o casamento da segunda irmá de Wittgenstein, Gretl.]]
Os nenos foron bautizados como católicos e criáronse nunha contorna excepcional. A actividade familiar situouse no centro da vida cultural de Viena; [[Bruno Walter]], o famoso director de orquestra, describiu a vida no Palais Wittgenstein como un lugar cunha "atmosfera omnipresente de humanidade e de cultura".<ref>Monk, p. 8.</ref> Karl era un destacado mecenas das artes; financiou obras de [[Auguste RodenRodin]] e da sala de exposicións e galería de arte da cidade, a Wiener Secessionsgebäude (o edificio da Secesión). [[Gustav Klimt]] pintou o retrato de casamento de Gretl, a segunda irmá, e [[Johannes Brahms]] e [[Gustav Mahler]] fixeron concertos de maneira regular na casa familiar.
 
===O temperamento familiar e os suicidios dos irmáns===