Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: revisión
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: +trad cawiki e revisión
Liña 23:
 
== Traxectoria ==
 
<!--
=== Antecedentes familiares ===
De acordo cunha árbore xenealógica elaborada en [[Xerusalén]] despois da Segunda Guerra Mundial, o avó paterno foi Moisès Meier, un xudeu axente da terra que vivía coa súa muller, Brendel Simon, en Bad Laasphe, no Principado de Wittgenstein, [[Westfalia]]. En xullo do 1808, [[Napoleón]] publicou un decreto polo cal todos, incluídos os xudeus, tiñan que adoptar un apelido familiar hereditario, de forma que o fillo de Meier, tamén Moisès, tomou o nome dos seus amos, os Sayn-Wittgenstein, e pasou a chamarse Moisès Meier Wittgenstein.<ref>Bartley, p. 199-200.</ref><ref>Sobre os nomes xudeus, pode consultarse o artigo [[Onomástica xudía]].</ref> O seu fillo, Hermann Christian Wittgenstein, que tomou o segundo nome "cristián" para distanciarse dos antecedentes xudeus, casou con Fanny Figdor, tamén xudía, que se converteu ao [[protestantismo]] xusto antes de casar, e a parella pasou a fundar un bo negocio co comercio de [[la]] en [[Leipzig]], lonxe das súas orixes xudías.<ref>Monk, pp. 4-5.</ref> A avoa de Ludwig, Fanny Figdor, era prima irmá do famoso violinista [[Joseph Joachim]].<ref>Monk, p. 5.</ref>
Liña 34:
Os nenos foron bautizados como católicos e criáronse nunha contorna excepcional. A actividade familiar situouse no centro da vida cultural de Viena; [[Bruno Walter]], o famoso director de orquestra, describiu a vida no Palais Wittgenstein como un lugar cunha "atmosfera omnipresente de humanidade e de cultura".<ref>Monk, p. 8.</ref> Karl era un destacado mecenas das artes; financiou obras de [[Auguste Roden]] e da sala de exposicións e galería de arte da cidade, a Wiener Secessionsgebäude (o edificio da Secesión). [[Gustav Klimt]] pintou o retrato de casamento de Gretl, a segunda irmá, e [[Johannes Brahms]] e [[Gustav Mahler]] fixeron concertos de maneira regular na casa familiar.
 
===O temperamento familiar e os suicidios dos irmáns===
[[Ray Monk]] escribe que o obxectivo de Karl era converter os seus fillos en líderes da [[industria]], e non os enviou á escola para que non adquirisen malos hábitos, pero foron educados no fogar para preparalos para o traballo dentro do imperio empresarial de Karl.<ref name=Monk11>Monk, p. 11ff.</ref> Como compilou [[Anthony Kenny]], tres deles suicidáronse; Paul converteuse en pianista de concerto e Ludwig chegou a ser filósofo despois dun breve período como enxeñeiro.<ref name=Kenny>Kenny, Anthony. [http://www.nytimes.com/1990/12/30/books/give-him-genius-or-give-him-death.html?pagewanted=all "Give Him Genius or Give Him Death"], ''The New York Times'', 30 de decembro de 1990.
* [http://www.wittgen-cam.ac.uk/ "Ludwig Wittgenstein: Background"], arquivo Wittgenstein, Universidade de Cambridge, consultado o 7 de setembro de 2010.</ref> O psiquiatra irlandés Michael Fitzgerald sostén que Karl era un perfeccionista sen empatía, e que a nai de Wittgenstein era ansiosa e insegura, incapaz de facer fronte ao seu marido.<ref name=Fitzgerald/> Sexa cal for a razón, dentro da familia parece que había unha forte tendencia á depresión, ou o que o escritor Anthony Gottlieb denomina ''mal humor'' e ''unha tensión nerviosa extrema''. Gottlieb explica unha historia sobre Paul: cando estaba a practicar nun dos sete pianos de cola da familia, de súpeto chamou a Ludwig que estaba na habitación do lado: "Non podo tocar cando estás en casa, posto que sinto que o teu escepticismo se filtra cara a min por baixo da porta!".<ref name=Gottlieb>Gottlieb, Anthony. [http://www.newyorker.com/arts/critics/books/2009/04/06/090406crbo_books_gottlieb "A Nervous Splendor"], ''The New Yorker'', 9 de abril de 2009.</ref> Fitzgerald e o psiquiatra sueco Christopher Gillberg opinan que Wittgenstein presentaba varios trazos de [[autismo de alto funcionamento]]. A psiquiatra alemá Sula Wolff suxire que sufría dun [[trastorno esquizoide da personalidade]].<ref name=Fitzgerald>Fitzgerald, Michael. [http://www.springerlink.com/content/wd1bk8fkp4ru6xvy/ "Did Ludwig Wittgenstein have Asperger's syndrome?"], ''European Child & Adolescent Psychiatry'', volume 9, núm. 1, p. 61-65. DOI: 10.1007/s007870050117.</ref><ref>Fitzgerald, Michael. ''Autism and Creativity: Is There a Link Between Autism in Men and Exceptional Ability?''. Routledge, 2004; consultar o capítulo "Ludwig Wittgenstein", p. 57ff.</ref>
Liña 57:
Posteriormente, os seus intereses desprazáronse da [[aviación]] aos fundamentos das [[matemáticas]]; a lectura dos ''[[Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell|Russell]] e ''Grundgesetze der Arithmetik,'' de [[Gottlob Frege|Frege]],<ref>Gottlob Frege. ''Grundgesetze der Arithmetik'', vol. 1 (1893), vol. 2 (1903).</ref> abríronlle as portas á filosofía.<ref>Beaney, Michael (ed.). ''The Frege Reader''. Blackwell, 1997, p. 194-223, 258-289.</ref> Visitou en [[1911]] a Frege e estudou con Russell, no [[Trinity College (Cambridge)|Trinity College]] de [[Universidade de Cambridge|Cambridge]], durante o curso de [[1912]] a [[1913]]; formou parte do famoso grupo «The Apostles», e coñeceu e tratou tamén a [[George Edward Moore]] e [[John Maynard Keynes|J.M. Keynes]]. Deste período, é coñecido o enorme impacto que a brillantez da súa intelixencia causou en Russell.
 
=== ContornoFilósofo relixiosoe mestre ===
Acabados estes estudos, marcha a vivir como un solitario a [[Noruega]], onde se dedica ás súas primeiras investigacións lóxicas, ata que, ao iniciarse a [[Primeira guerra mundial]], enrólase como voluntario na artillaría austríaca e, en [[1918]], é feito prisioneiro de guerra do exército italiano na fronte do [[Rexión do Tirol|Tirol]]. Nesta época, xa redactara en notas, escritas durante a campaña e gardadas en cadernos na súa mochila, o que tiña que ser o seu ''Tractatus Logico-Philosophicus''. Pechado en [[Monte Cassino]], conseguiu enviar unha copia do manuscrito a Russell e, xa liberado, ambos os filósofos citáronse na [[A Haia|Haia]], en [[1919]], para analizar o contido. Unha vez dado por rematado o libro (o título inicial do cal era ''A proposición'', a pesar de que se publicou primeiro en alemán en [[1921]] co título, inspirado por G.E. Moore, de ''Logisch-philosophische Abhandlung''), publicouse en inglés en [[1922]] co nome co que é coñecido e cunha introdución de Russell.
 
A continuación, Wittgenstein abandonou a filosofía, renunciou á substanciosa herdanza familiar e traballou, entre [[1920]] e [[1926]], como mestre en varios pobos da Baixa Austria (concretamente, en [[Trattenbach]], [[Puchberg]] e [[Otterthal]]), nunha época que non considerou especialmente feliz. Pouco despois, coñece a [[Moritz Schlick]], iniciador do [[Círculo de Viena]], e [[Rudolf Carnap]] e outros membros do Círculo, e reinicia a súa actividade filosófica, presentando o seu ''Tractatus'' como traballo para o doutoramento, que obtén en Cambridge. Dá clases durante uns anos en Cambridge e escribe ''Anotacións filosóficas'' e ''Gramática filosófica'', e do traballo intelectual desta época xorden novos enfoques filosóficos que cristalizan en ''Os cadernos azul'' e ''marrón'' (publicados despois da súa morte, en [[1958]], e así denominados pola cor das tapas dos cadernos de notas). Despois dunha viaxe a [[Rusia]], coa intención quizais de establecerse, diríxese novamente en [[1936]] en Noruega, onde permanece nove meses e inicia a redacción de ''Investigacións filosóficas'', a súa obra máis importante, que supón, ademais, un cambio de orientación na súa filosofía. Volve a Cambridge e, despois da anexión de [[Austria]] por [[Alemaña]], en [[1938]], adquire a nacionalidade británica; concédeselle a cátedra de filosofía en Cambridge, como sucesor de G. E. Moore, que non ocupa para prestar servizos como axudante de hospital durante a [[Segunda guerra mundial]].
 
=== Últimos anos ===
Rematada a guerra, retoma a súa actividade como profesor en Cambridge, que abandona en [[1947]], agora definitivamente. Pasa un tempo en [[Irlanda]], onde, retirado de toda actividade académica, acaba a redacción de ''Investigacións filosóficas'' (que se publica en [[1953]]), e ocupa parte do seu tempo en adestrar paxaros. En [[1949]], maniféstaselle un cancro e pasa os seus últimos anos cos seus amigos en Cambridge e Oxford, conversando e traballando en cuestións de teoría do coñecemento. A súa obra ''Da certeza'' corresponde aos apuntamentos destes últimos tempos.
 
<!--
=== Contorna relixiosa ===
Cando abandonou os seus avós paternos, deixou o [[xudaísmo]] para converterse ao [[protestantismo]]; el e a súa familia mudáronse de [[Saxonia]] ([[Alemaña]]) a Viena, onde o pai de Ludwig, Karl Wittgenstein, gañou forza e admiración ao converterse nun dos comerciantes pioneiros da industria do aceiro e do ferro do [[Imperio austrohúngaro]]. A nai de Ludwig converteuse ao [[catolicismo]] e entón el seguiuna, en encuberto desafío ao seu pai,<ref>[http://solotxt.brinkster.net/csn/06filos.htm O mundo de Wittgenstein. A insólita vida dun filósofo].</ref> aínda que, ao morrer, non tivo un enterro católico, porque nunca practicou o catolicismo.<ref>Cando os seus dous alumnos preferidos, [[Anscombe]] e [[Smythies]], se converteron ao catolicismo, Wittgenstein dixo que non podería crer nas cousas que eles profesaban.</ref>
 
Liña 63 ⟶ 72:
 
-->
 
Fillo dun próspero industrial do aceiro. Na casa paterna criouse xunto cos seus sete irmáns, nun ambiente rico en estímulos culturais e artísticos. Ludwig empezou estudos de enxeñería na universidade de [[Berlín]] e continuounos en [[Manchester]], dedicándose á investigación [[aeronáutica]] durante varios anos. Pero despois de ler os ''[[Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell]], os seus intereses pasaron da [[aeronáutica]] e a [[aerodinámica]] aos problemas da fundamentación das matemáticas e posteriormente á [[lóxica]] e á [[filosofía]]. A partir de [[1912]] seguiu os seus estudos en Cambridge baixo a dirección de [[Bertrand Russell]] e empezou a ocuparse intensivamente da investigación filosófica. Para poder concentrarse mellor nos seus estudos, marchou a vivir en soidade a [[Noruega]]. Alí sorprendeuno o estoupido da [[primeira guerra mundial]] e Wittgenstein alistouse no [[exército]] austro-húngaro. Isto non lle impediu seguir coas súas [[reflexións filosóficas]], que foi apuntando nunha serie de cadernos, de modo que, ó final da guerra, cando caeu prisioneiro dos italianos, tiña o manuscrito do seu ''[[Tractatus logico-philosophicus]]'' practicamente acabado. Esta obra foi publicada no ano [[1921]] en alemán e, un ano despois, en versión bilingüe inglés-alemán.
 
Tras repartir boa parte da substanciosa herdanza paterna entre as súas irmás e un grupo de [[artistas intelectuais]], Wittgenstein levou unha vida austera e retirada, primeiro como mestre de escola en [[Austria]] e despois como xardineiro nun convento de [[Viena]] entre os anos [[1920]] e [[1929]]. Neste último ano, Wittgenstein volveu os seus intereses filosóficos e decidiu volver aos seus estudos en Cambridge, onde foi nomeado [[cátedra|catedrático]] no ano [[1937]], cargo que ocupou ata [[1947]], con excepción dun breve período no que exerceu como enfermeiro voluntario durante a [[segunda guerra mundial]]. Nacionalizado inglés en 1938, Wittgenstein morreu de [[cancro]] en Cambridge no ano 1951. Nos últimos anos da súa vida redactou as ''[[Investigacións filosóficas]]'', que serían publicadas postumamente en [[1953]].
 
== Pensamento ==