Mosteiro de Santa María de Monfero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
engado imaxe
Liña 27:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Monfero.svg|miniatura|dereita|150px|Escudo do concello]]
[[Ficheiro:Monasterio de Santa María de Monfero (186601418).jpg|miniatura|dereita|275px|Galería do claustro procesional coas súas bóvedas estreladas do século XVI]]
 
A igrexa é a parte que mellor se conserva. A igrexa [[Arquitectura románica|románica]] probabelmente constaba de tres [[Nave (arquitectura)|naves]] (a nave actual correspondería coa antiga nave central) e tres [[ábsida]]s. Só se conserva dela o muro meridional, notabelmente alombado, cunha porta de acceso de [[arco apuntado]] no seu extremo occidental que actualmente está tapiada.
 
Destaca a súa fachada barroca, única en [[Galicia]] polo xadrezado dos [[perpiaño]]s, alternando [[granito]] con [[xisto]], con catro enormes [[Columna (arquitectura)|columnas]] e dúas [[pilastra]]s rematadas con [[Capitel|capiteis]] corintios, que combina, seguindo a Bonet, unha estrutura clásica cun dinamismo barroco. A fachada do mosteiro ilustra o emblema do escudo do concello de Monfero.
 
A planta é de [[cruz latina]] cunha gran [[cúpula]] no [[Cruceiro (arquitectura)|cruceiro]].