Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: +trad cawiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: revisión
Liña 44:
 
O seu irmán Kurt, oficial dunha compañía do exército, disparouse un tiro o 27 de outubro do 1918, xa ao final da Primeira guerra mundial, cando as tropas austríacas baixo o seu mando negáronse a obedecer as súas ordes e desertaron en masa.<ref name=Monk11/> Segundo Gottlieb, Armanda dixera que Kurt parecía levar "o xerme da repugnancia pola vida dentro del mesmo". Paul tamén pensou no suicidio, como o fixo Ludwig.<ref name=Gottlieb/> Este último díxolle a un amigo, David Pinsent, que cando en xaneiro de 1912, Bertrand Russell por primeira vez o alentou coas calidades da súa filosofía, este estímulo puxera fin a nove anos de soidade e de desexo de morrer, aínda que Russell, tan preocupado polo seu estado, predixera que Ludwig Wittgenstein mataríase antes de febreiro de 1914.<ref>Monk, p. 41.</ref><ref>McGuinness, Brian. ''Wittgenstein: A Life: Young Ludwig 1889-1921''. University of California Press, 1988, p. 184.</ref>
 
=== Anos de formación ===
[[Ficheiro:1895 technische hochschule charlottenburg.jpg|esquerda|miniatura|A Technische Hochschule Charlottenburg, Berlín.]]
Educado por titores na súa propia casa até os catorce anos, despois da morte de Hans e Rudi, o seu pai, Karl, cedeu e permitiu que Paul e Ludwig fosen á escola. Alexander Waugh escribiu que xa era demasiado tarde para Wittgenstein para pasar os exames no ''[[gymnasium]]'' máis académico, en Wiener Neustadt, que fallou no seu exame de ingreso e apenas conseguiu, despois de clases adicionais, aprobar o exame para o máis técnico [[k. u. k.]] [[Realschule]] en [[Linz]], unha escola do pequeno estado con 300 alumnos, e de acordo con Brian McGuinness, un bastión do [[nacionalismo alemán]].<ref name=Waugh33>Waugh, p. 33.</ref><ref>McGuinness, Brian. ''Wittgenstein: a life. Young Ludwig 1889-1921''. University of California Press, 1988, p. 51ff.</ref><ref>K.u.k. stood for "Kaiserlich und königlich''.</ref> En 1903, cando tiña 14 anos, empezou tres anos de escolaridade en albergues próximos no período lectivo coa familia de Dr. Josef Strigl, un mestre do gymnasium local, e a familia deulle o alcume de ''Luki''.<ref name=McGuinness51>McGuinness, p. 51.</ref>
 
A historiadora Brigitte Hamann escribe que Ludwig destacou entre os outros mozos e, por iso, foi intimidado; falaba unha forma excepcionalmente pura de alto alemán cun certo [[tatexo]], vestía elegantemente, e era sensible e pouco sociable.<ref name=Hamann15>Hamann, Brigitte e Thornton, Thomas. ''Hitler's Vienna: A Dictator's Apprenticeship''. Oxford University Press, 2000 (primeira edición de 1996 en alemán) pp. 15-16, 79.</ref> As súas primeiras impresións da escola, gravadas en fragmentos nun caderno, indican que quizais sufriu unha relación romántica temperá co fillo do Dr. Strigl, Pepi, que morreu en agosto do 1914: "Néboa [ lixo]. Relación cos xudeus, relación con Pepi, amor e o orgullo de chamar... o chapeu. Rompo con P. O sufrimento da clase."<ref name=McGuinness51/>
 
Segundo Waugh, Wittgenstein era un inadaptado na escola; insistía en que os outros nenos se lle de dirixisen coa expresión do alemán formal "Sie", e estaba a miúdo ausente.<ref name=Waugh33/> Monk escribe que os outros nenos burlábanse, cantándolle: ''Wittgenstein wandelt wehmütig widriger Winde wegen Wienwärts'' ("Wittgenstein sae con nostalxia de Viena debido aos ventos adversos").<ref name=Monk15>Monk, pp.14-15.</ref> No seu certificado final de estudos, recibiu unha nota superior só unha vez, 5 en estudos relixiosos, un 2 por conduta e inglés; 3 para francés, xeografía, historia, matemáticas e física; e 4 para o alemán, a química, a xeometría e o debuxo a man alzada. Tiña especial dificultade coa ortografía e suspendeu o exame escrito de alemán por esa causa. Escribiu en 1931: "A miña mala ortografía na mocidade, até a idade duns 18 ou 19, está conectada con todo o resto da miña persoa (a miña febleza no estudo)."<ref name=McGuinness51/>
 
Despois de acabar os estudos secundarios en Linz, estuda [[enxeñaría aeronáutica]] na Technische Hochschule Charlottenburg (actualmente [[Universidade Técnica de Berlín]]); asistiu durante tres semestres, e foi galardoado cun diploma, o 5 de maio de 1908.<ref>Monk, p. 27.</ref> Chegou á [[Universidade de Manchester]] na primavera de 1908 para facer o doutoramento, con moitos plans para proxectos de aeronáutica, incluíndo o deseño e voo co seu propio avión. Levou a cabo investigacións sobre o comportamento das estrelas na atmosfera superior, experimentando nun lugar de observación meteorolóxica, preto de Glossop. Viviu preto de Grouse Inn, nun [[pub]] en Chunal Road, [[Derbyshire]], onde era un dos dous únicos hóspedes. Confesou á súa irmá Hermine que lle gustaba a tranquilidade de Grouse Inn, pero non lle gustaban as condicións dos lavabos.<ref name=Grouse>Monk, p. 29.</ref><ref>[http://www.grouse-inn-glossop.co.uk/history.html "The Grouse Inn"], grouse-inn-glossop.co.uk, consultado o 12 de setembro de 2010.</ref> En Manchester tamén traballou no deseño dun pequeno avión con motores de reacción, que lle valeu unha bolsa de investigación da universidade no outono de 1908 e que patentou en 1911.<ref name=Monk30>Monk, p. 30-35.</ref>
 
Posteriormente, os seus intereses desprazáronse da [[aviación]] aos fundamentos das [[matemáticas]]; a lectura dos ''[[Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell|Russell]] e ''Grundgesetze der Arithmetik,'' de [[Gottlob Frege|Frege]],<ref>Gottlob Frege. ''Grundgesetze der Arithmetik'', vol. 1 (1893), vol. 2 (1903).</ref> abríronlle as portas á filosofía.<ref>Beaney, Michael (ed.). ''The Frege Reader''. Blackwell, 1997, p. 194-223, 258-289.</ref> Visitou en [[1911]] a Frege e estudou con Russell, no [[Trinity College (Cambridge)|Trinity College]] de [[Universidade de Cambridge|Cambridge]], durante o curso de [[1912]] a [[1913]]; formou parte do famoso grupo «The Apostles», e coñeceu e tratou tamén a [[George Edward Moore]] e [[John Maynard Keynes|J.M. Keynes]]. Deste período, é coñecido o enorme impacto que a brillantez da súa intelixencia causou en Russell.
 
=== Contorno relixioso ===
Cando abandonou os seus avós paternos, deixou o [[xudaísmo]] para converterse ao [[protestantismo]]; el e a súa familia mudáronse de [[Saxonia]] ([[Alemaña]]) a Viena, onde o pai de Ludwig, Karl Wittgenstein, gañou forza e admiración ao converterse nun dos comerciantes pioneiros da industria do aceiro e do ferro do [[Imperio austrohúngaro]]. A nai de Ludwig converteuse ao [[catolicismo]] e entón el seguiuna, en encuberto desafío ao seu pai,<ref>[http://solotxt.brinkster.net/csn/06filos.htm O mundo de Wittgenstein. A insólita vida dun filósofo].</ref> aínda que, ao morrer, non tivo un enterro católico, porque nunca practicou o catolicismo.<ref>Cando os seus dous alumnos preferidos, [[Anscombe]] e [[Smythies]], se converteron ao catolicismo, Wittgenstein dixo que non podería crer nas cousas que eles profesaban.</ref>
 
[[Ficheiro:Wittgenstein Gravestone.jpg|miniatura|Lápida da tumba de Wittgenstein ([[Cambridge]]).]]
 
-->
 
Fillo dun próspero industrial do aceiro. Na casa paterna criouse xunto cos seus sete irmáns, nun ambiente rico en estímulos culturais e artísticos. Ludwig empezou estudos de enxeñería na universidade de [[Berlín]] e continuounos en [[Manchester]], dedicándose á investigación [[aeronáutica]] durante varios anos. Pero despois de ler os ''[[Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell]], os seus intereses pasaron da [[aeronáutica]] e a [[aerodinámica]] aos problemas da fundamentación das matemáticas e posteriormente á [[lóxica]] e á [[filosofía]]. A partir de [[1912]] seguiu os seus estudos en Cambridge baixo a dirección de [[Bertrand Russell]] e empezou a ocuparse intensivamente da investigación filosófica. Para poder concentrarse mellor nos seus estudos, marchou a vivir en soidade a [[Noruega]]. Alí sorprendeuno o estoupido da [[primeira guerra mundial]] e Wittgenstein alistouse no [[exército]] austro-húngaro. Isto non lle impediu seguir coas súas [[reflexións filosóficas]], que foi apuntando nunha serie de cadernos, de modo que, ó final da guerra, cando caeu prisioneiro dos italianos, tiña o manuscrito do seu ''[[Tractatus logico-philosophicus]]'' practicamente acabado. Esta obra foi publicada no ano [[1921]] en alemán e, un ano despois, en versión bilingüe inglés-alemán.