Teofilacto, Exarca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: ca:Teofilacte de Ravenna
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Teofilacto foi nomeado exarca en [[702]], sucedendo a [[Xoán II Platino]]. Pouco despois da súa ascensión, chegou a [[Roma]], onde [[Xoán VI, Papa|Xoán VI]] fora nomeado Papa. Non se coñecen as súas razóns para ir á cidade, pero a súa presenza incomodou aos romanos. Os soldados locais ameazaron a Teofilacto, pero Xoán conseguiu dominalos; con todo, varios favoritos do exarca foron atacados.
 
En 709 o [[Imperio Bizantino|emperador bizantino]] [[Xustiniano II]] mandou unha expedición baixo o mando do patricio Teodoro contra a cidade de [[Ravenna]], posibelmente en vinganza pola participación da poboación da cidade na rebelión de [[695]]. Teodoro, ao chegar a Ravenna, invitou a todos os cidadáns importantes da cidade a que asistisen a un banquete. Cando chegaron, capturáronos e leváronos á forza aos barcos. Ravenna foi saqueada, mentres levaban a Constantinopla aos oficiais capturados. Alí, Xustiniano condenounos a morte; so foi perdoado o arcebispo Félix, aínda que foi cegado. Teofilacto non foi aparentemente vítima da catástrofe, pero tivo pouco control sobre a situación, e o exarcado resultou severamente debilitado.
 
Teofilacto foi sucedido por [[Xoán III Rizocopo]] en [[709]].