Real Academia Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5274354 de 193.144.97.100 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5274353 de 193.144.97.100 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 26:
O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón Pérez Costales]]. Montouse sobre a base dunha sociedade, [[Folklore Gallego]], presidida pola escritora.
 
En [[1904]] [[Manuel Murguía]] publicou un artigo na revista do [[Gran Hotel de Mondariz]] no que propugnaba a creación dunha academia galega. Este artigo espertou interese e en [[1905]] constituíuse na [[A Habana|Habana]] a [[Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega|Sociedade Protectora da Academia Gallega]], grazas ao impulso de [[Manuel Curros Enríquez]] e [[Xosé Fontenla Leal]]. En GaliciaGaliza seguiron esta iniciativa algúns persoeiros que se reunían no [[Cova Céltica|faladoiro]] da [[Libraría Rexional]] de [[Uxío Carré Aldao]] da Coruña. A Real Academia Galega constituíuse o [[30 de setembro]] de [[1906]], presidida por [[Manuel Murguía]] e con corenta membros. O acto celebrouse nos locais da [[Círculo de Artesáns|Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos]], case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Os obxectivos iniciais eran fundamentalmente lingüísticos e incluían a elaboración dun dicionario e unha gramática, proxectos que demoraron moitos anos.
[[Ficheiro:Manuel Murguía, Almanaque Gallego para 1900, p. 17.jpg|miniatura|180px|[[Manuel Murguía]], primeiro presidente da RAG.]]
Durante a presidencia de Murguía ([[1906]]-[[1923]]) elevouse a figura de [[Rosalía]], comezouse a publicar o ''Boletín de la Academia Gallega'' (263 números) e a Academia viuse no medio de polémicas e enfrontamentos debido ao seu carácter galeguista. O segundo presidente, [[Andrés Martínez Salazar]], foino só un ano, xa que morreu inesperadamente. A entidade entrou nun período de inactividade que motivou a fundación do [[Seminario de Estudos Galegos]]. O terceiro presidente foi [[Eladio Rodríguez]] ([[1926]]-[[1934]]), e durante este período entraron [[Castelao]] e [[Antón Vilar Ponte]]. Substituíuno [[Manuel Lugrís Freire]], que houbo de dimitir en [[1936]] por problemas de saúde. Chegou entón a [[guerra civil española]], que fixo silenciar a institución e levouna a unha etapa de semiclandestinidade durante a que foi presidida por [[Manuel Casás Fernández]] ([[1942]]-[[1960]]) e [[Sebastián Martínez Risco y Macías]] ([[1960]]-[[1977]]).