Diferenzas entre revisións de «Templo de Xerusalén»

m
m (→‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB)
m (→‎O Primeiro Templo: arranxiño)
Creese que a construción do [[Templo de Salomón]] realizouse no [[século -X|século X a.C.]] (aproximadamente na década de [[-960|960 a.C.]]), para substituír o [[Tabernáculo]] que durante séculos, desde o [[Éxodo]], se viña utilizando como lugar de reunión e de culto a Deus. Contou para esta empresa coa axuda do rei de [[Tiro]], [[Hiram I de Tiro|Hiram]].
O Templo propiamente dito, segundo a descrición da [[Biblia]], era un edificio longo e bastante estreito, orientado sobre un eixo lonxitudinal en dirección leste-oeste. O edificio debeu ter unha lonxitude interior de aproximadamente 30 metros, 10 metros de ancho e unha altura de tamén 10 metros (60x20x20 cóbados). As súas dimensións, xa que logo, eran máis ben as dunha capela palatina, xa que o culto se facía desde o seu exterior. A ambos os dous lados da súa entrada erixíronse dúas columnas, chamadas ''Yajin'' e ''Boaz''. Os sacerdotes e o rei entraban no Templo a través dunha gran porta chapada de ouro, de aproximadamente 10 metros de alto e 4 de ancho. Tras desa porta atopábase o vestíbulo de entrada, o ''Ulam''. Logo deste vestíbulo, atopábase a estancia principal, o ''Heijal'' ou Santo, iluminado a través dunhas fiestras altas. A anchura e lonxitude gardaban unha proporción de 1:2, o que significa que a planta do ''Heijal'' estaba composta por un dobre cadrado. O forxado de pedra cubriuse cun solado de madeira de cedro. As paredes do «Hejal» cubríronse con láminas de [[cedro]], traídas das montañas do Líbano, o mesmo material das vigas do forxado.
A terceira cámara, o ''Devir'', ''Kodesh HaKodashim'' ou Santo dos Santos (''sancta sanctorum''), atopábase na parte traseira, a un nivel máis alto que o ''Heijal'', e só podía accederse a el subindo por unha escaleira. O ''Devir'' tiña a forma dun cubo de aproximadamente 10x10x10 metros (20x20x20 cóbados), e no seu centro situouse o [[Arca da Alianza]]. Este era un arca grande, feita de madeira de acacia, cuberta con ferros de ouro e con catro aneis ás esquinas nas que se puñan varas para transportala. Dentro do Arca gardáronse as [[Táboas da Lei]], entregados polo mesmo Deus a [[Moisés]]. Nestas Táboas graváronse os [[Dez Mandamentosmandamentos]], servindo de conexión entre Deus e Israel.
 
Durante os tempos do [[Éxodo]] do pobo xudeu a Arca estaba oculta no Tabernáculo, que foi finalmente traído a Xerusalén polo rei [[David]]. Xa se acreditou o poder de Deus a través da Arca cando se derrubaron as murallas de [[Xericó]] ao pasar os xudeus ante elas ca Arca.
106.442

edicións