Xoana de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
 
Liña 26:
 
== Traxectoria ==
Casou en 1354 co rei don [[Pedro I de Castela|Pedro I]], que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os [[bispo]]s de [[Ávila]] e [[Salamanca]] declararon nulo que o rei contraera con [[Branca de Borbón]]. Dese matrimonio naceu don [[Xoán de Castela e Castro]], designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con [[María de Padilla]].
 
Aínda que se asegura que don Pedro I non volveu a ver a dona Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o [[Pontífice]] o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non obedecer ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de dona Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de [[Xaén]].
 
Cando o rei [[Pedro I de Castela|don Pedro]] abandonou a dona Xoana fíxolle doazón do señorío de [[Dueñas]], onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de don Pedro I con [[Branca de Borbón|dona BrancaBorbóna]]; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron homes piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a [[Roma]], acudindo ó chamamento do Papa [[Inocencio VI]] para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de [[Henrique II de Castela|Henrique de Trastamara]].
 
O seu sartego está na [[catedral de Santiago de Compostela]].{{sfn|Arco y Garay|1954|p=300}}