Chunta Aragonesista: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
arranxos varios |
|||
Liña 31:
Despois da efervescencia na esquerda de [[Aragón]] causada polo [[Referendo sobre a permanencia de España na OTAN]] e tras a posta en funcionamento das novas institucións autonómicas, o 29 de xuño de 1986 un centenar de persoas, vinculadas a diversas asociacións culturais, sociais, pacifistas e [[Nacionalismo aragonés|nacionalistas]], reunidas nunha asemblea constutuínte, decidiron crear un novo partido político, [[Nacionalismo aragonés|nacionalista aragonés]] e de [[Esquerda política|esquerda]]. O primeiro nome foi o de '''Unión Aragonesista-Chunta Aragonesista''' (UA-CHA). O 20 e 21 de decembro a UA-CHA celebrou en Zaragoza a súa I Asemblea Nacional (congreso), co lema trilingüe ''Porque ya era hora. Porque ya caleba. Perquè ja calia''. Nesta asemblea o partido escolleu aos seus primeiros presidentes, Eduardo Vicente de Vera e Chesús Bernal, respectivamente.
O 10 de xullo de 1987 a CHA concorreu por primeira vez a unhas eleccións, concretamente á
Azucena Lozano asumiu a presidencia do partido na súa II Asemblea Nacional, celebrada en [[Huesca]] o 17 e 18 de decembro de 1988, co lema bilingüe ''Recuperar el pasado, construir el futuro. Rechirar o pasau, fer o futuro''. No seu equipo continuou Chesús Bernal como secretario xeral e houbo a incorporación de Bizén Fuster como vicepresidente. No ano seguinte (1989), tiveron lugar unhas novas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que Juan María Bandrés, cabeza de lista da Esquerda dos Pobos, da que CHA formou novamente parte, consegue ser escollido eurodiputado. Nas [[Eleccións xerais de España de 1989|eleccións xerais do mesmo ano]] CHA mellorou levemente os seus resultados. Nesta etapa de crecemento é cando o partido decide adoptar como única denominación a forma [[Lingua aragonesa|aragonesa]] do seu nome orixinal, Chunta Aragonesista, e as siglas CHA.
===Consolidación e crecemento===
Durante os anos 90 a CHA experimentaría un crecemento continuo nas diversas convocatorias electorais da década. Nas eleccións autonómicas de 1991 o partido quedou moi perto de obter representación nas Cortes de Aragón grazas a un importante aumento de votantes nas provincias de [[Provincia de Zaragoza|Zaragoza]] e [[Provincia de Huesca|Huesca]]. Nas eleccións municipais dese ano o partido tamén escolleu os seus primeiros alcaldes, nas localidades de [[Artieda]] e [[Castillazuelo]], así como representación en concellos importantes como [[Teruel]] ou [[Jaca|Jaca/Chaca]].<ref>Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). [https://ddd.uab.cat/pub/papers/02102862n92/02102862n92p171.pdf Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista]. '' Papers: revista de sociologia, (92)'', 171-195. pp. 187.</ref> Nestes anos a Chunta gañaría proxección mediática, en especial grazas ás súas protestas contra o trasvase do [[
[[Ficheiro:Sesión_de_Investidura_de_las_Cortes.jpg|miniatura|Chesús Bernal e Chesús Yuste, primeiros deputados da CHA nas [[Cortes de Aragón]].]]
A IV Asemblea Nacional, celebrada na [[Zaragoza|capital aragonesa]] en xaneiro de 1995 supuxo a elección de Bizén Fuster como presidente, Chesús Bernal como secretarío xeral e Chesús Yuste como vicesecretario xeral. Nas eleccións autonómicas e locais do 28 de maio do mesmo ano o partido obtivo por primeira vez dous deputados nas [[Cortes de Aragón|Cortes]] (Bernal e Yuste), así coma nos principais concellos de [[Aragón]] ([[Zaragoza]], [[Huesca]] e [[Teruel]]) e conseguindo unha terceira alcaldía ([[Biscarrués]]).
|