Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

 
Na [[Liga ASOBAL 1999/00|tempada 1999-2000]] os ''play-offs'' polo título ampliáronse ata os oito primeiros equipos da clasificación. Esta tempada, tamén con Dzokic no banco o Cangas subiu ata a 9ª posición cos mesmos rexistros que o [[BM Valladolid]] (10º clasificado),{{refn|group=lower-alpha|O libro editado polo club con motivo do 50 aniversario e hispaligas.net sitúan o Balonmán Cangas na novena posición, mentres que a edición do 16 de abril de 2000 do xornal [[Mundo Deportivo]] sitúao na décima posición. Nas tres fontes os rexistros son iguais e Cangas e Valladolid aparecen con 24 puntos cada un.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2000/04/16/pagina-40/702162/pdf.html?search=balonmano%20cantabria%20liga%20asobal |título=El Barça se apunta el derby |nome=Dani |apelidos=Balaguer |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=16 de abril de 2000 |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>}} e tan só un punto menos que o [[BM Valencia|Valencia Airtel]], último equipo clasificado para disputar o título.{{Harvnp|Cangas|2011|p=88}}<ref>{{Cita web |url=http://www.hispaligas.net/Balonmano/99-00%20Liga%20Asobal.html |título=Liga Asobal 1999/00 |editorial=hispaligas.net |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> Esa tempada chegou ao club [[Rubén Garabaya]], que posteriormente se proclamaría campión do mundo coa [[Selección de balonmán de España|selección española]] en [[2005]],<ref>{{Cita web |url=http://www.coe.es/coe/bd_perso.nsf/VBusqDeport/55C7AFB8B0E1CDCAC1256DB100410C22?opendocument&query=Consulta=DEPORTISTAS_*2*!DEPORTISTAS_POR_DEPORTE?*=deportista=Rubén+Garabaya+Arenas@-@1120 |título=Rubén Garabaya Arenas |editorial=[[Comité Olímpico Español]] |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> e que xogaría tamén en [[Club Balonmano Ademar León|Ademar León]], [[Fútbol Club Barcelona (balonmán)|Fútbol Club Barcelona]] e [[BM Valladolid]].<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/ehfc/men/2017-18/player/502437/Ruben+Garabaya+Arenas |título=Garabaya Arenas, Ruben |editorial=eurohandball.com |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=en}}</ref>
 
Na [[Liga ASOBAL 2000/01|tempada seguinte]] produciuse un troco na presidencia do club, que pasou ás mans de Pepe Penelas. Aínda que ese ano comezou aínda con Dzokic no banco, este foi substituído por Alejandro López, ex-adestrador de [[Club Balonmano Chapela|Chapela]] e [[Sociedad Deportiva Octavio|Octavio]], logo de caer en [[Zaragoza]] fronte ao colista da ASOBAL na 13ª xornada e deixar ao club galego na penúltima posición (13ª) con tan só dúas vitorias. López estreouse no banco fronte ao 20 de febreiro de 2001, caendo por 25-31.{{Harvnp|Cangas|2011|p=89}}<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2001/02/18/pagina-33/434186/pdf.html |título=El Granollers, a la Copa del Rey |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=18 de febreiro de 2001 |dataacceso=11 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2001/02/20/pagina-35/1515795/pdf.html |título=El Barça juega hoy en Cangas y el Granollers, en casa |nome1=Ángel |apelidos1=Magdaleno |nome2=Dani |apelidos2=Balaguer |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=20 de febreiro de 2001 |dataacceso=11 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2001/02/21/pagina-41/428859/pdf.html |título=El Barça se impone al Cangas sin brillantez |nome1=Ángel |apelidos1=Magdaleno |nome2=Dani |apelidos2=Balaguer |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=21 de febreiro de 2001 |dataacceso=11 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> Finalmente os cangueses finalizaron na 13ª posición da táboa con 15 puntos e un rexistro de 7 vitorias, 1 empate e 18 derrotas.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2001/06/24/pagina-41/445453/pdf.html |título=El Barça se despide con victoria |nome=Albert |apelidos=Pardo |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=24 de xuño de 2001 |dataacceso=11 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
Alejandro López dirixiu tamén ao equipo na [[Liga ASOBAL 2001/02|tempada 2001-02]],{{Harvnp|Cangas|2011|p=90}} na que o número de participantes ampliouse ata os 16. O Cangas comezou a Liga ASOBAL enfrontándose ao [[Portland San Antonio]] en [[Pamplona]], caendo por 27-20.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2001/09/23/pagina-47/1482216/pdf.html |título=El Barça gana sin brillo al Barakaldo en el Palau |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=23 de setembro de 2001 |dataacceso=11 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> O equipo finalizou a tempada novamente na 13ª posición, conseguindo deste xeito a permanencia cun rexistro de 9 vitorias, 2 empates e 19 derrotas para un total de 20 puntos.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2002/05/12/pagina-39/491419/pdf.html |título=Despedida agridulce |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=12 de maio de 2002 |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> Os mesmos puntos conseguiron os do Morrazo na [[Liga ASOBAL 2002/03|tempada seguinte]], cun rexistro de 6 vitorias, 8 empates e 16 derrotas, mellorando a súa posición na táboa final da Liga ASOBAL, ao accader a 12ª posición por diante do histórico [[Club Deportivo Bidasoa]] de [[Irún]].<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2003/05/26/pagina-43/535415/pdf.html |título=Ademar acaba 3º y con plaza europea |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=26 de maio de 2003 |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
Ata o seu descenso á [[División de Honra Prata de balonmán|División de Honra Prata]] na tempada [[2005]]-[[2006|06]], o que significou o primeiro descenso de categoría na historia do club, no ano que se estreou na segunda competición europea en importancia, a [[Copa EHF]], logo de ser finalizado a tempada anterior na 8ª posición da liga,<ref name="historia"/> logo de que Ademar León fora invitado pola [[EHF]] a disputar a [[EHF Copa de Europa|Liga de Campións]].<ref name="marca"/> Os do Morrazo enfrontáronse na terceira ronda da competición ao [[Viborg HK]] [[Dinamarca|dinamarqués]], fronte ao que caeu por un marcador total de 59 a 49.<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/ehfc/men/2005-06/round/3/Round+3 |título=2005/06 Men's EHF Cup ROUND 3 |editorial=[[EHF]] |dataacceso=8 de setembro de 2019 |lingua=en}}</ref> O debut europeo do Cangas tivo lugar no [[Viborg Stadionhal]] o 5 de novembro de 2005 nun mal momento para o equipo, que en liga acumulaba sete vitorias e tan só unha vitoria.<ref>{{Cita novas |url=https://www.farodevigo.es/deportes/2441/frigorificos-debuta-europa-viborg/28325.html |título=El Frigoríficos debuta en Europa ante el Viborg |nome=César |apelidos=Collarte |xornal=[[Faro de Vigo]] |data=5 de novembro de 2005 |dataacceso=8 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> No seu primeiro partido en competición europea os cangueses caeron por 32-20,<ref>{{Cita novas |url=https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/deportes/alcobendas-estrena-asobal_212909.html |título=El Alcobendas se estrena en la Asobal |xornal=El Periódico de Aragón |data=6 de novembro de 2005 |dataacceso=9 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> a desvantaxe de 12 goles fíxose insalvable para os cangueses, que caeron eliminados malia a vitoria en Cangas por 29 goles a 27 no que foi o primeiro partido dunha competición europea celebrado na localidade e no que 2&nbsp;500 persoas déronse cita no Gatañal.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2005/11/14/pagina-47/733060/pdf.html |título=El Frigoríficos Morrazo se despide pese a ganar |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=14 de novembro de 2005 |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>
30.156

edicións