Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Biografía: traxectoria
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Curiosidades: non son curiosidades, son os trazos da súa personalidade
Liña 38:
O que non se pode expresar coa linguaxe no pode nin sequera ser representado, formulado ou comunicado de ningunha maneira. Isto non impide que haxa cousas inexpresables; pero estas móstranse na linguaxe e, polo tanto, entran a formar parte da constitución lóxica dos símbolos. Disto derívase a limitación da fin da filosofía á rectificación da linguaxe de maneira que se eliminen todos os problemas que non poden expresarse nunha linguaxe correcta. Non existen coñecementos filosóficos; Wittgenstein afirma que: "a filosofía non é unha doutrina, senón que unha actividade". O resultado da filosofía non consiste en proposicións filosóficas, senón no esclarecemento das mesmas. Ela debe determinar os límites do que é pensable e do que non é impensable. Wittgenstein parte do mundo concibido como a totalidade dos feitos acaecidos, e da linguaxe considerada coma a totalidade de proposicións expresivas dos feitos. As proposicións son, á súa vez, feitos con significado e expresan outros feitos do [[Terra|mundo]]. A linguaxe é a representación lóxica do mundo; polo tanto, a representación lóxica dos feitos é o pensamento, de modo que a totalidade dos pensamentos verdadeiros é unha representación do mundo.
 
== CuriosidadesPersonalidade ==
{{Curiosidades}}
Aínda que de temperamento irritable, nervioso e depresivo, Wittgenstein foi un home dunha personalidade fascinante, que viviu atormentado pola súa esixencia de autenticidade, polo traballo e pola [[idea]] da [[morte]]. Difícil para a [[convivencia social]] e con escasa estima pola [[bondade]] e as calidades do [[ser humano]], sentiu a miúdo a necesidade de illarse da xente e de vivir en completa soidade.