Batz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
m Moedagalega moveu a páxina "Usuario:Moedagalega/Batz" a "Batz": Móvese a Principal desde a páxina de usuario para a súa publicación.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 16:
A partir do [[século XVII]] os batzen foron cuñados soamente en [[Billón (aliaxe)|billón]], aínda que coa aparición de múltiplos e fraccións desta moeda varios dos seus múltiplos se emitiron en prata.<ref name=":1" />
 
As tiraxes de batzen chegaron a ser moi numerosas e, por mor da súa rápida extensión xeográfica, responderon a padróns monetarios moi diferentes, en tanto que a proporción de prata na súa [[Metais e aliaxes de cuñaxe|aliaxe]] ía minguando gradualmente. Como resultado deste proceso, a súa circulación foi prohibida polas cidades do sur de Alemaña ([[Circa|ca.]] [[1535]]).<ref name=":1" /> Con todo, nesta rexión, en [[1559]] foi introducida en [[Augsburgo]] unha moeda co valor de medio batz que estendeu a súa vida ata o [[século XVII]] e da que se produciron grandes cantidades.
 
A tipoloxía máis habitual dos batzen de Suíza caracterizouse pola presenza nos seus [[Reverso (moedas)|reversos]] dunha [[cruz]] cos seus brazos rematados en [[Flor de lis|flores de lis]], e o [[escudo]] [[Cantóns de Suíza|cantonal]] nos [[Anverso|anversos]]. Nas emisións correspondentes ao sur de Alemaña, no entanto, era máis común a representación dunha [[aguia]] heráldica.