Lazarillo de Tormes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
'''''A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades'''''<ref>[{{cita web|url=https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/43613/ramon-pineiro-udc-presentan-traduccion-gallega-del-lazarillo-tormes ''|título=O Ramón Piñeiro e a UDC presentan a tradución galega do ‘Lazarillo de Tormes’'']|páxina-web=Xunta de Galicia}}</ref> (orixinal en castelán ''La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades''), coñecida popularmente como '''''Lazarillo de Tormes''''', é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo [[Xénero epistolar|epistolar]] (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de [[1554]].
 
Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no [[século XVI]], dende a súa nacenza, pasando pola súa [[infancia]] miserable e a súa [[voda]], até a idade adulta. É unha obra precursora da [[novela picaresca]]​ por elementos tales como o [[realismo]], a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a [[ideoloxía]] moralizante e [[Pesimismo|pesimista]].
Liña 7:
 
== Tradución ao galego ==
Os seus tradutores foron [[Pablo Cano]], [[Iván Enríquez]] e [[Iria Sobrino]] a partir do texto fixado no orixinal castelán por [[Alfredo Rodríguez]]<ref>[{{cita novas|url=https://www.galiciae.com/articulo/cultura/lazarillo-tormes-traducese-primeira-vez-ao-galego/20191008204359066387.html ''|título=O 'Lazarillo de Tormes' tradúcese por primeira vez ao galego''], ''|xornal=Galiciae.com'', |data=[[8 de outubro]] de [[2019]].|autor=Axencia EFE}}</ref>.
 
A súa publicación en [[2019]], nunha edición [[Bilingüismo|bilingüe]] galego-castelán, foi posibles grazas á colaboración entre o grupo de investigación de Didáctica das Linguas e Culturas da [[Universidade da Coruña]] co [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]].