Moeda bizantina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón a artigo novo.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 5:
Coñécese como '''moeda bizantina''' a moeda utilizada na [[Imperio Bizantino|parte oriental do Imperio Romano]] logo da caída de [[Roma]] en [[476]], con base en dous tipos principais: o [[Sólido (moeda)|sólido]], de [[ouro]], que pasa a ser chamado [[nomisma]] (o [[Lingua grega antiga|grego]] substitúe o [[latín]] como lingua da [[Administración pública|Administración]]), e diversas pezas de [[bronce]]. A moda de [[prata]], ausente no inicio do [[Imperio Bizantino]] por mor da dificultade de fixar a súa paridade co ouro, fixo a súa aparición a finais do imperio.<ref>Pina, Manuel. "[http://www.tesorillo.com/bizancio/biz_main.htm Introducción a la numismática bizantina]". En ''Tesorillo.com''</ref><ref>Morrisson, C. "[https://www.persee.fr/doc/ephe_0000-0001_1973_num_1_1_5877 Numismatique Byzantinne]". En ''Anuaires de l'École des hautes études''. París, 1974. Páxinas 339-346</ref>

Este sistema monetario, no que o nomisma ou sólido bizantino será substituído polo [[hyperpyron]] baixo [[Aleixo I Comneno]], continuou cunha relativa estabilidade ata a caída de [[Constantinopla]], en [[1453]], coa excepción da derradeira etapa do imperio, cando a desvalorización da moeda de ouro obrigou a substituír a moeda deste [[Metais e aliaxes de cuñaxe|metal]] polas de prata e a crear novos valores de cobre.<ref>Cartwright, M. "[https://www.ancient.eu/Byzantine_Coinage/ Byzantine coinage]". En ''Ancient History Encyclopedia''</ref>

Logo da súa creación, no período de [[Constantino I]], o sistema foi reformado en varias ocasións. As principais reformas foron as de [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]] ([[491]]-[[518]]), Aleixo I ([[1081]]-[[1118]]) e [[Andrónico II Paleólogo|Andrónico II]] (1282-1328).<ref>Cartwright, M. "[http://monedas-antiguas.blogspot.com.es/2017/02/la-reforma-monetaria-de-anastasio-el.html La reforma monetaria de Anastasio: el nacimiento de las monedas bizantina]". En ''Monedas antiguas (en castelán)''</ref><ref>Nobes, A. "[http://www.rosetta.bham.ac.uk/Issue_11/nobes.pdf The Economic and Monetary Policy of the Byzantine Empire under Alexios I Komnenos]". En ''Rosetta'' 11:56-71. 2012</ref>
Liña 36:
[[Nicéforo II|Nicéforo II Phocas]] ([[963]]-[[969]]) emprendeu numerosas campañas contra os [[Árabes]] e, para as financiar, creou unha nova variedade do nomisma,denominda ''[[Tetarteron|tetarteron nomisma]]'', que se utilizaba nas transaccións comerciais á par que o nomisma tradicional, aínda que 1/12 máis lixeiro.<ref>Treadgold (1997). Páxina 503.</ref><ref>Hendy (1985). Páxina 507.</ref> Para distinguir as dúas variedades, pasou a denominarse ''[[Nomisma|histamenon nomisma]]'' ao nomisma estándar. Algúns [[Investigación|investigadores]] [[Numismática|numismáticos]] teñen apuntado a posibilidade de que esta redución lle conferise ao nomisma un peso semellante ao do [[dinar]] fatimida, para facilitar o seu uso no comercio internacional. O ''tetarteron'' foi usado ata [[1092]], cando foi substituído por unha moeda de [[cobre]] do mesmo nome que circulou ata mediados do século XIII.<ref>Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Nomisma (2)", "Nomisma histamenon" e "Nomisma tetarteron".</ref>

Se o nomisma "pesado" e o nomisma "lixeiro" tiñan nos seus inicios unha mema aparencia, baixo [[Basilio II]] ([[976]]-[[1025]]) caracterizaron na súa forma as súas diferenzas: mentres que o ''tetarteron nomisma'' pasou a ter un tamaño menor, o ''histamenon nomisma'' fíxose máis grande e máis groso. Baixo o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Constantino VII]] ([[1025]]-[[1028]]) ampliáronse as diferenzas: o tetarteron pasou a ter un diámetro de 18 [[mm]] e un peso de 3,98 gramos, mentres que o ''histamenon'' alcanzou un diámetro de 25 mm e adquiriu unha forma cóncava, denominada "[[scyphate]]" (o nomisma orixinal, previo á diferenciación, tiña un diámetro de 20 mm). Esta peculiar forma foi ampliada posteriormente ás moedas bizantinas de [[electro]] ([[Metais e aliaxes de cuñaxe|aliaxe]] de ouro e prata) e de [[Billón (aliaxe)|billón]] (aliaxe de prata e cobre). Ata o comezo do [[século XI]], o nomisma (tanto o ''histamenon'' coma o ''tetarteron'') mantivo unha pureza case uniforme, cun contido de ouro de entre 23 e 23,5 quilates. A partir do emperador [[Miguel IV]] ([[1034]]-[[1041]]), nado nunha familia de cambistas en [[Paflagonia]] (e que exerceu este oficio antes de casar coa emperatriz [[Zoe]]), houbo unha desvalorización progresiva da moeda bizantino, debida á diminución do seu contido en ouro.<ref>Kazhdan (1991). "Michael IV Paphlagon". Páxina 1.365.</ref> Dunha pureza de 21 quilates (87,5 % de pureza) con [[Constantino IX]] ([[1042]]-[[1055]]), baixou a 18 quilates (75 % de pureza) con [[Constantino X Ducas|Constantino X]] ([[1059]]-[[1067]]), a 16 quilates (66,7% de pureza) con [[Romano IV Dióxenes|Romano IV]] ([[1068]]-[[1071]]), a 14 quilates (58 % de pureza) con [[Miguel VII Ducas|Miguel VII]] ([[1071]]-[[1078]]), a 8 quilates (pureza do 33 %) baixo [[Nicéforo III]] ([[1078]]-[[1081]]) e preto de 0 quilates durante a primeira parte do reinado de [[Aleixo I Comneno|Aleixo I]] ([[1081]]-[[1118]]).

O termo [[besante]] (do [[Lingua francesa|francés antigo]]: ''besant'') utilizouse en [[Europa Occidental]] durante a [[Idade Media]], sobre todo entre os [[Século X|séculos X]] e [[XIII]], para designar varias [[moeda]]s de [[Oriente Medio|orientais]] e da [[Conca do Mediterráneo|área mediterránea]], de ouro, derivadas do sólido bizantino e do nomisma, entre elas o [[hyperpyron]].