Lingua minorizada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5271585 de 195.135.251.44 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5271584 de 195.135.251.44 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 1:
'''Lingua minorizada''' é un penetermo da [[Sociolingüística]] que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. É aquela que, sendo historicamente propia dun pobo, ve restrinxidas as súas funcións de uso. Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de [[substitución lingüística]], pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. A competencia desigual con outra lingua de maior prestixio constitúe o factor causante desta situación.
 
Tradicionalmente denominóuselles a estas linguas ''minoritarias'', pero ese é un valor erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do status do que goce a lingua.